Campaña da USC para fomentar o uso do galego na docencia

Cando un docente usa o galego o seu alumnado tamén o emprega moito máis. Amparado nun estudo que demostra que un mesmo grupo de clase usa o galego nos exames ata un 70% máis co profesor que lle imparte as clases nese idioma que co que o fai en castelán, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela lanza a campaña ‘Ensinas máis do que cres’ para fomentar o uso da lingua galega na docencia nesta institución.

O uso do galego na docencia dos graos no curso 2014-2015, segundo os datos que manexa a propia USC, é do 21,52% sobre o cómputo de horas de docencia global (máis de 384.000 horas), mentres que o do castelán foi dun 74%.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional