Non haberá máis clases presenciais este curso nas universidades

Os tres reitores de Santiago, A Coruña e Vigo acordan coa Xunta tamén que a proba extraordinaria da ABAU será o 15, 16 e 17 de xullo

As clases presenciais non se retomarán nas universidades galegas neste curso 2019-2020. Así o acordaron este luns a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López, e os reitores, Manuel Reigosa (UVigo), Antonio López (USC) e Julio Abalde (UDC). Nunha xuntanza mantida esta mañá por videoconferencia acordouse, tal e como solicitaron os tres reitores, manter o calendario académico pero sen retomar as clases presenciais no que resta de ano académico.

A decisión de non reanudar o curso presencialmente tómase tras confirmar o Goberno central que o estado de alarma se vai prorrogar ata o 26 de abril e que aínda podería alongarse máis. En calquera caso, a conselleira informou aos tres reitores de que desde a Secretaría Xeral de Universidades se lles enviarán unhas instrucións comúns para asegurar a calidade do ensino virtual.

Publicidade

Facer fronte á fenda dixital

Para garantir que todo o alumnado poida completar o curso de xeito virtual, as tres universidades galegas teñen implantado sistemas telemáticos para chegar ao remate do curso.

Por outra banda, Carmen Pomar solicitou aos tres reitores que poñan en coñecemento tanto da Consellería como da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia as modificacións que se fagan nas guías docentes e que estuden de forma minuciosa coa ACSUG as posibilidades para abordar as prácticas en funcións das particularidades de cada titulación.

Publicidade

ABAU extraordinaria: 15, 16 e 17 de setembro

Outros dos temas que se abordaron nesta xuntanza é ampliación das datas para a proba extraordinaria de acceso á universidade ata o 17 de setembro, despois de que Galicia e outras CCAA o solicitasen na última Comisión Delegada de Política Universitaria.

Con este novo calendario, a conselleira reuniuse tamén esta mañá con membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG, con representación das tres universidades) para fixar as datas da ABAU extraordinaria, que en Galicia se celebrará os días 15, 16 e 17 de setembro.

Cómpre lembrar que, nunha reunión mantida o pasado 30 de marzo, a Consellería e a CIUG acordaron fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano. Nas próximas semanas, e en función do que se acorde a nivel estatal, afondarase tamén no modelo de exame que, segundo coinciden CIUG e Consellería, debería ser similar ao habitual para darlle tranquilidade ao alumnado, que vén traballando sobre un determinado tipo de exercicios para preparar as probas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega

Gripe aviaria, mpox, chikungunya… Cal será a próxima pandemia?

O epidemiológo Juan Gestal analiza as posibles ameazas para a saúde pública cinco anos despois do estoupido da covid