A empresa Lupeon adapta máscaras de mergullo fronte ao coronavirus

A compañía, especializada en fabricación aditiva, converte estas máscaras en dispositivos de respiración e equipos de protección individual

Lupeon, empresa especializada en enxeñaría e fabricación aditiva, en colaboración con enxeñeiros do ámbito industrial do centro de investigación Cintecx-UVigo e Asime, súmase á loita contra a Covid-19 co desenvolvemento de adaptadores con impresión 3D para converter, máscaras de mergullo en dispositivos de respiración para pacientes con coronavirus, e, en equipos de protección individual para persoal sanitario e asistencial a anciáns e persoas dependentes. A empresa localizada no polígono de Porto do Molle, en Nigrán, desenvolveu esta tecnoloxía en colaboración coa institución académica viguesa e Asime, que están a impulsar diversas iniciativas solidarias como a Plataforma Galicia Escudo-Covid19, para a produción de diversos materiais de protección contra o coronavirus.

Detalle dun bifurcador e un trifurcador. Foto: Duvi.
Detalle dun bifurcador e un trifurcador. Foto: Duvi.

Pola súa banda Dativic, empresa irmá de Lupeon, encárgase da loxística, acumular material e distribución, mentres que Lupeon desenvolve as solucións de enxeñaría. “Desenvolvemos estes bifurcadores e trifurcadores, en colaboración coa UVigo e Asime, baseándonos en artigos científicos. Lévamolo a cabo con material biocompatible e validado para utensilios cirúrxicos, e a  produción fíxose en máquinas de última tecnoloxía”, explica Luis Mandayo, director xeral de Lupeon. Mandayo sinala que desde Dativic fíxose desde hai semanas recompilación de material necesario para atallar esta crise e a día de hoxe varias destas pezas producidas por Lupeon xa están  en hospitais galegos e residencias, onde estar a ser testadas e agardando validación.

Publicidade

Desde a Universidade de Vigo e Asime incídese no carácter solidario deste proxecto. “Enxeñeiros do ámbito industrial pertencentes ao centro de  investigación Cintecx- UVigo colaboran estreitamente con Lupeon e  Asime co obxectivo de optimizar os deseños e procedementos para que estes sexan o máis eficientes, útiles e seguros posibles”, sinalan desde a Universidade de Vigo, que incide que a súa implicación nesta iniciativa, “ responde ao noso compromiso coa sociedade nesta situación de crise , que lembremos é unha das nosas obrigas”.

Enrique Mallón e Luís Mandayo, na presentación na sede de Lupeon. Foto: Duvi.
Enrique Mallón e Luís Mandayo, na presentación na sede de Lupeon. Foto: Duvi.

Pola súa banda, Enrique Mallón, secretario xeral de Asime asegura que “o gran valor desta solución é o material empregado e as máquinas e sistemas cos que se fabricaron. Desde Asime e a UVigo estamos apoiando institucionalmente e coordinando tecnicamente este proxecto que é solidario e e no que se fixo un grande esforzo por parte de Lupeon e Dativic”, explica Mallón, que aclara que Asime valida estas innovacións, que agarda reciban pronto a homologación sanitaria, e “cremos que Galicia e España deben aproveitar este esforzo que se fixo de xeito desinteresado para combater esta pandemia”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo identifica as claves xenéticas da “adaptación evolutiva única” das píntegas das Illas Atlánticas

A UVigo participou na investigación, que achou que en dúas localizacións do parque nacional as femias dan a luz crías terrestres, en lugar de larvas acuáticas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Un novo mapa guía a valorización de subprodutos da industria agroalimentaria en Galicia e Portugal

A ferramenta, desenvolvida con participación da UVigo, emprega a IA para identificar recursos e detectar novas oportunidades de aproveitamento