O IDIS coordina un estudo para entender as lesións cerebrais logo dun traumatismo

O doutor Francisco Campos do grupo de Ictus Traslacional lidera este estudo que manexa técnicas de imaxe de vangarda e alta precisión

O Instituto de Investigación de Santiago de Compostela (IDIS) acaba de recibir a Axuda á Investigación en Saúde da Fundación Mutua Madrileña para liderar un estudo na área de traumatoloxía. O proxecto entra dentro dos 26 estudos e ensaios clínicos dirixidos á mellora dos tratamentos médicos que se desenvolverán en diferentes centros de investigación de toda España grazas a esta axuda.

O estudo estará dirixido polo doutor Francisco Campos, do Grupo de Ictus Traslacional do IDIS e do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) que analizará a resposta da estrutura vascular cerebral tras o dano por traumatismo cranioencefálico en fase aguda e crónica, mediante técnicas de imaxe de vangarda e de alta precisión. 

Publicidade

“A abordaxe que facemos neste proxecto busca coñecer mellor a fisiopatología desta enfermidade, principalmente analizando como se ve afectado o sistema vascular cerebral tras unha lesión, e na mesma medida, analizar a eficacia de novas terapias que poidan contribuír a reducir o dano neuronal e favorecer a recuperación”, explica o doutor.

Estudos como este teñen unha repercusión e aplicabilidade directa sobre o paciente e familiares. “Desde un punto de vista clínico, sen dúbida, axudará nun futuro para reducir a carga asistencial e o gasto sanitario”, engade o investigador.

Publicidade

26 axudas á investigación

Os 26 proxectos seleccionados pola Fundación Mutua Madrileña levaranse a cabo en hospitais públicos españois nas áreas de transplantes, centrada este ano na inmunotolerancia, os xenotrasplantes e a preservación de órganos, traumatoloxía e as súas secuelas, incluídas as patoloxías neurolóxicas derivadas de traumatismos, enfermidades raras que se manifestan na infancia, oncoloxía centrada en inmunoterapia e cancro e saúde mental, sobre todo enfocada nos trastornos infanto-xuvenís. 

A Fundación Mutua Madrileña destinou nestes anos 68 millóns de euros a esta convocatoria anual de axudas que serviu para poñer en marcha 1.400 proxectos de investigación. A través destas axudas, a entidade contribúe economicamente coa investigación médica de calidade que se fai en España. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Unha investigación galega abre unha nova vía para mellorar o diagnóstico de tumores en tecidos brandos

O equipo de Radioloxía do CHUS e do IDIS combina por primeira vez a elastografía e a microvascularización para coñecer mellor o comportamento biolóxico das lesións