O CITIC participa no Women in Digital Forum para impulsar a igualdade de xénero no ecosistema dixital

O Centro TIC da UDC colaborará nesta plataforma estratéxica promovida pola Unión Europea, que busca abordar as causas estruturais da fenda no ámbito dixital

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña foi admitido como membro institucional do Women in Digital Forum, unha iniciativa clave impulsada pola Unión Europea no marco do programa Digital Europe. Esta adscrición reforza o compromiso do centro da UDC coa promoción da igualdade de xénero no ecosistema dixital.

O Women in Digital Forum é unha plataforma estratéxica de alto nivel que traballa para abordar as causas estruturais da fenda de xénero no ámbito dixital. A súa misión é xerar recomendacións políticas concretas, mobilizar a cooperación entre distintos axentes sociais e fomentar prácticas inclusivas que involucren a responsables políticos, líderes do sector, institucións educativas e sociedade civil en toda Europa.

Publicidade

En liña co informe sobre o Estado da Década Dixital 2024, o Foro contribúe activamente ao obxectivo europeo de duplicar o número de especialistas en TIC para 2030 e aumentar a participación feminina neste sector ata polo menos un 40%.

Participación en grupos temáticos

O CITIC achegará a súa experiencia en tres dos catro grupos temáticos de traballo do Foro, centrados en fomentar a presenza de mulleres na educación superior e na formación profesional vinculadas ás TIC, mellorar a súa participación nas primeiras e medias etapas da carreira profesional no ámbito dixital, e promover o seu acceso a posicións de liderado dentro do sector. A través destas liñas de colaboración, o centro contribuirá á construción dunha transformación dixital máis inclusiva e equitativa.

Publicidade

Co fin de garantir unha participación sólida e especializada, o Grupo Permanente de Igualdade do CITIC designou á doutora María Suárez Taboada, do grupo de investigación M2NICA, como persoa de contacto para coordinar as accións no marco do Foro. O seu nomeamento reforza a vontade institucional de consolidar a perspectiva de xénero en todas as dimensións da investigación, a innovación e a transferencia tecnolóxica.

Apoio á Comisión Europea

O Foro apoiará directamente á Comisión Europea e aos Estados membros na consecución dos obxectivos establecidos no programa estratéxico da Década Dixital. En particular, enfocarase en mellorar a participación das mulleres na educación e nas carreiras dixitais, promover ecosistemas de innovación dixital inclusivos, e reforzar a reserva de talento da Unión Europea mediante políticas equilibradas en materia de xénero.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento

A UDC crea unha plataforma de IA para personalizar o tratamento da incontinencia urinaria feminina

O proxecto XINE-IA combinará datos clínicos, tecnoloxías terapéuticas e experiencia de pacientes para apoiar aos profesionais sanitarios

Galicia impulsa unha infraestrutura cuántica pioneira ao servizo da investigación

O CITIC obtén unha axuda de 1,04 millóns de euros que financiarán proxectos con impacto nos ámbitos da saúde, a industria ou a ciberseguridade