A UVigo amplía a oferta académica co primeiro grao con mención dual de Galicia

O mércores 19 ábrese a preinscrición para as titulacións, que inclúen cinco Programas Académicos con Percorridos Sucesivos

Logo da aprobación, o pasado venres, por parte do Consello Galego de Universidades, e condicionada á resolución de verificación favorable por parte do Consejo de Universidades a nivel estatal, a Universidade de Vigo renovará a oferta do Sistema Universitario Galego (SUG) para o vindeiro curso 2024/2025 cun novo título de grao, o Grao en Enxeñería da Automoción con mención dual. É o primeiro grao con mención dual que se impartirá en Galicia e cinco Programas Académicos con Percorridos Sucesivos (PARS) no ámbito da Enxeñaría, converténdoa así na primeira universidade do SUG en ofertalos. Así mesmo, a UVigo incorporará á súa oferta de titulacións para o vindeiro curso dous novos mestrados interuniversitarios, os de Biofabricación e Internet das Cousas-IoT. En total, a institución académica viguesa ofertará para o curso 2024/2025 3836 prazas de grao e 1733 de máster.

Das 3.836 prazas de grao que a UVigo ofrecerá ao seu alumnado, que poderá realizar a preinscrición a partir deste mércores 19 de xuño, 20 corresponden ao Grao en Enxeñaría de Automoción con mención dual, cuxo estudantado cursará durante catro anos un total de 240 créditos ECTS. Logo dunha formación, nos primeiros cursos, nas bases científicas e tecnolóxicas da enxeñaría, no derradeiro ano, o alumnado desenvolverá os 48 créditos que lle restan, 36 de contidos formativos e 12 correspondentes o Traballo Fin de Grao (TFG), en empresas do sector da automoción, mediante a modalidade de formación dual, o que permitirá ás e aos futuros graduados realizar 1.200 horas de formación no ámbito empresarial, que equivale ao 20% do total da titulación, e a distingue dos graos que carecen de mención dual.

Publicidade

Sector da automoción

O primeiro título con mención dual que se impartirá en Galicia, permitirá formar o alumnado no campo profesional da enxeñaría industrial que se configura arredor do sector da automoción, incluíndo os diferentes coñecementos, tanto no ámbito de procesos industriais como de produto, dentro deste campo e contando para iso co respaldo de Stellantis, o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga).

O curso 2024/2025 será ademais do da estrea dun grao dual no Sistema Universitario Galego, o primeiro no que se ofertarán Programas de Percorridos Sucesivos (PARS) no ámbito da Enxeñaría, concretamente cinco. “Os estudantes que se matriculen nos PARS poderán continuar os seus estudos de máster sen necesidade de rematar o grao, sempre e cando o número de créditos pendentes non sexa superior a 30 ECTS incluíndo o traballo fin de grao. A finalidade destes programas é que o estudante reforce a súa formación integral vinculando o título de grao e máster orientado a súa especialización profesional”, explica o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente da UVigo, Alfonso Lago.

Publicidade

O vindeiro curso, a oferta de PARS da UVigo está formada por: PARS en Máster en Enxeñaría Aeronáutica vía Grao en Enxeñaría Aeroespacial (5 prazas), en Máster en Enxeñaría Informática vía Grao en Enxeñaría Informática (5 prazas), en Máster en Enxeñaría Biomédica vía Grao en Enxeñaría Biomédica (8 prazas), en Máster en Enxeñaría de Telecomunicación vía Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (15 prazas) e en Máster en Enxeñaría Industrial vía Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais (10 prazas).

Maior flexibilidade

Lago incide en que “o PARS non constitúe unha nova titulación, senón que proporcionan itinerarios curriculares  específicos que permiten cursar as dúas titulacións vencelladas de forma parcialmente simultánea para, unha vez finalizados os estudos, obter ambos títulos”. Isto permitirá unha maior flexibilidade para cursar as materias de ambos os dous plans de estudo e enfrontar os traballos fin de estudos (traballo fin de grao e traballo fin de máster) simultaneamente e relacionando o contido de ambos. “Non obstante, o estudante poderá voluntariamente abandonar o programa e seguir cursando só o grao e posteriormente matricularse noutro máster diferente”, aclara o vicerreitor.

O Consello Galego de Universidades tamén aprobou na súa sesión do pasado venres a implantación o próximo curso dos másteres interuniversitarios en Biofabricación e Internet das Cousas-IoT. Aínda que na mesma sesión, tamén se deu luz verde aos mestrados en Ensino do Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua e en Economía Circular, a UVigo decidiu non impartir prazas nesta titulacións para o curso 2024/2025

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberta unha grande estrutura romana no exterior do castro do Castelo dos Mouros, en Ons

Un equipo da UVigo acha "abondoso material" na terraza intermedia do xacemento e identifica unha gran cantidade de restos de ánforas orixinarias do sur da península e de Italia

Vigo como referente aeroespacial: o lanzamento da misión BIXO permitirá estudar a vida no espazo

O equipo de UVigo SpaceLab, apoiado por Zona Franca, analizará durante nove meses o comportamento de bacterias en condicións de microgravidade e radiación

A UVigo valida no Álvaro Cunqueiro unha tecnoloxía pioneira para medir a calidade do aire en tempo real

A solución, aplicada nunha sala de espera do hospital vigués, combina sensores de baixo custo e algoritmos avanzados

O sueste de Ourense, entre as áreas de España con maior probabilidade de sufrir grandes lumes

Un estudo da UVigo baseado en máis de 120.000 simulacións alerta do impacto do cambio climático na evolución e intensidade dos incendios forestais