Precisamos perspectiva de xénero para investigar?

Primeria entrega do novo pódcast Investigar na USC. Con Encina Calvo, profesora titular de Física Aplicada

InUSC1. Precisamos perspectiva de xénero para investigar?

Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, aproveitamos para facernos unha pregunta esencial. Precisamos perspectiva de xénero na ciencia? Contesta Encina Calvo Iglesias, profesora titular de Física Aplicada.

Elas son máis cando se matriculan na universidade, pero a súa distribución entre áreas profesionais é desigual. Superan o 70% nos graos relacionados cos coidados e apenas chegan ao 30% nas enxeñarías. Menos do 25% acadan o posto de catedráticas. Hoxe, arrincamos un novo proxecto: o pódcast Investigar na USC. Facémolo grazas á colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e iremos visitando as súas facultades para coñecer mellor o que se fai alí.

Publicidade


Escoita Investigar na USC en: Spreaker, Ivoox, Spotify, iHeart, Google Podcasts, Deezer, Podcast Addict e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da USC e da UVigo crea unha maqueta virtual interactiva para imaxinar o futuro de Galicia

O proxecto do CISPAC crea unha paisaxe alternativa vertebrada en catro eixos temáticos: a comunidade, o hábitat, a enerxía e a alimentación

Os segredos dos 21.000 pelos: un estudo revela a través do ADN o comportamento social do oso pardo

A tese de Esther Valderrábano confirma o bo estado sanitario da poboación cantábrica, que conta con arredor de 400 exemplares

Unha IA para formar terapeutas: así é o proxecto galego que xera sesións de psicoterapia sintéticas

Un equipo do CiTIUS (USC) e da Universidade de Michigan presenta a iniciativa ROGERS, que xa está validada por profesionais do sector

Un novo recurso didáctico creado na USC conecta o patrimonio musical galego co Camiño de Santiago

O material reúne dez arranxos de música do percorrido francés e propostas para traballar este repertorio das aulas de Primaria e Secundaria