Publicidade

Galicia sofre un apagón xeral que afecta a toda España e Portugal

Galicia sofre un apagón xeneralizado que tamén afecta a toda a península ibérica, incluido Portugal. O suministro eléctrico está interrompido na súa totalidade desde as 12,30 horas sen que, polo momento, se coñezan as causas.

O corte está a afectar a actividade de todo o país, con atascos nas cidades ante a falla dos semáforos e o tráfico ferroviario detido. Servizos esenciais como os hospitais víronse obrigados a activar os sistemas de emerxencia e funcionan con xeradores.

Publicidade

Red Eléctrica de España traballa no restablecemento do suministro mentres as autoridades apelan á calma e á prudencia da cidadanía.

Os problemas non só afectan a España e Portugal, senón que se estenden a outros puntos de Europa coma Francia, Italia, Grecia ou Hungría. Polo momento, está descartado que sexa consecuencia dun ataque informático.

Publicidade

*Información en proceso de ampliación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que se esgotou (outra vez) o papel hixiénico o día do apagamento?

O comportamento colectivo de compra compulsiva é un patrón habitual das crises, e así aconteceu durante a pandemia de 2020

Está preparado o sistema de saúde para un apagamento eléctrico xeneralizado?

Os hospitais teñen sistemas de xeradores eléctricos ou de grupos electróxenos que se poñen en marcha cando se producen cortes de rede pero precisan combustible

Os inconvenientes de que España e Portugal sexan unha illa enerxética

A única interconexión da península ibérica establécese directamente con Francia a través da fronteira e dos Pireneos

Investigan a morte de tres membros dunha familia intoxicados por monóxido de carbono en Taboadela

Pedro Sánchez anuncia que se esixirán responsabilidades aos "operadores privados"