É unha medida axeitada deixar de usar máscara ao aire libre?

* Un artigo de

Ao comezo da pandemia da Covid-19, co debate aberto entre o uso de máscaras ou non, xurdiu a voz dun reputado experto coreano, o doutor Kim Woo-joo, que indicou que o uso de máscaras e a hixiene son as medidas máis eficaces para diminuír os contaxios. Kim Woo-joo criticou a feble determinación inicial das autoridades a nivel internacional en impoñer unha das medidas máis eficaces contra os axentes infecciosos que se transmiten polo aire.

Publicidade

O uso das máscaras estaba moi estendido nos quirófanos para evitar infeccións nos pacientes, e viámolas en imaxes de China para evitar a contaminación atmosférica. En España non estabamos afeitos empregalas, e inicialmente a xente foi remisa a facelo. Pero a obrigatoriedade levou a que o seu uso fose normalizándose, e claramente foi clave como medida preventiva de contaxio.

Agora exponse por parte do Goberno de España deixar de usar esta protección en zonas de exterior. É unha medida apropiada? É o momento adecuado?

Publicidade

Hai varios aspectos, a favor e en contra, desde o punto de vista da pandemia e a situación actual que vivimos en España.

Argumentos a favor

  • O bo tempo fai que a xente pase máis tempo ao aire libre, onde se viu que hai menor probabilidade de contaxio.
  • Incrementouse a vacinación (sobre todo do persoal máis vulnerable), o que fai que a presión hospitalaria en planta e UCI vaia diminuíndo.
  • Está a diminuír a taxa de incidencia do virus, polo que é máis difícil que se produzan contaxios masivos.
  • O risco de contaxio é moi baixo cando estamos en zonas ao aire libre pouco concorridas (praias, bosques, zonas rurais).
  • A calor, nalgunhas rexións, fai moi incómodo levar máscara no exterior.

Argumentos en contra

  • Non se chegou aínda á inmunidade comunitaria do 70%, queda aínda moito.
  • A poboación nova (18-40 anos), que é a que máis actividades sociais realiza, non está aínda vacinada.
  • Existe unha posible distribución de novas variantes (como o variante delta ou india) con maior taxa de transmisión. En Gran Bretaña é agora a variante maioritaria.
  • Quitar as máscaras pode supoñer unha relaxación das medidas que conleven outras actitudes: non respectar distancia de seguridade, abrazos, gritar, cantar, etc.
  • Existen zonas urbanas con moita xente que convive nun espazo pequeno (zonas comerciais, entrada-saída de transportes…).
  • Afluencia de turistas e maior mobilidade da poboación.

Habería que seguir usándoas en zonas moi poboadas

A retirada das máscaras en exteriores de forma indiscriminada en toda España debe tomarse con cautela. Deberiamos poñernos a máscara cando creamos que a situación, aínda que sexa ao aire libre, o requira, sobre todo en grandes urbes con zonas moi poboadas.

Ata que non teñamos unha maior porcentaxe de persoas vacinadas non podemos cantar vitoria. Israel, un dos países aos cales podemos imitar, permitiu eliminar máscaras (mesmo en interiores), excepto ás persoas que non se vacinasen, pero recentemente, tras ter novos brotes nalgunhas zonas do país, impúxoas de novo.

É moi posible que as máscaras queden entre nós, sobre todo cando vaiamos a hospitais ou centros de saúde; e se temos síntomas, haberá que usalas para non contaxiar no traballo ou cando nos movamos en transportes públicos con moita xente. Xa non nos estrañará velas.

Actuemos con sentido común e responsabilidade. Xa queda menos.


* África González é catedrática de Inmunoloxía no Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo.

Cláusula de divulgación: a autora non recibe salario, nin exerce labores de consultoría, nin posúe accións, nin recibe financiamento de ningunha compañía ou organización que poida obter beneficio deste artigo, e declara carecer de vínculos relevantes alén do cargo académico citado.

 

África González
África González
Catedrática de Inmunoloxía do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte
00:06:10

Dopamina e lampreas: así descifra o CINBIO o sistema que inflúe nas nosas decisións e que nos fai sentir pracer

O grupo Neurocircuits investiga como o cerebro procesa datos novos e calcula o valor das nosas accións cun modelo animal de máis de 500 millóns de anos

CinVigo pecha a súa cuarta edición consolidándose como referente da ciencia na rúa en Galicia

A edición de 2026 conclúe coa asistencia de preto de 250 estudantes e máis de 1000 participantes nas actividades abertas ao público

África González: “Xa se notan os efectos dos antivacinas: o sarampelo volveu con forza”

A catedrática de Inmunoloxía da UVigo foi a primeira convidada de 'Ciencia en feminino', o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación de Pontevedra polo 8M