Covid-19: en que momento somos máis contaxiosos?

* Un artigo de

Hai pouco tempo chamoume un bo amigo (digamos que se chamaba Xoán) para pedirme consello. Levantouse con fortes dores musculares e unha gran sensación de fatiga. Como é natural, temía contraer a Covid-19, e chamaba para preguntarme que debía facer: seguir indo ao traballo, facer un test canto antes ou quedar na casa. Non sabía que facer porque non tiña outros síntomas como febre, tose ou dificultades para respirar. Por suposto que podía tratarse doutro tipo de infección respiratoria, como unha gripe ou un arrefriado común, pero… e se era Covid-19? Que risco había de contaxiar a outras persoas?

Publicidade

Para saber en que momento un enfermo de Covid-19 resulta máis contaxioso o noso equipo de investigadores elaborou un estudo que foi publicado recentemente en The Lancet Microbe.

Investigamos tres cousas: a carga viral (para medir a variación da cantidade de virus no corpo durante a enfermidade), a eliminación viral (o período de tempo en que alguén vai expulsando o material xenético do virus, o que non implica necesariamente que esa persoa sexa infecciosa) e o illamento do virus vivo (que outorga un mellor indicador da contaxiosidade dunha persoa dado que se toma ao virus vivo, íllase, analízase e compróbase en laboratorio se pode seguir reproducíndose).

Publicidade

Gráfico que amosa o período de incubación, infección e pos-infección. Fonte: The Lancet Microbe.
Gráfico que amosa o período de incubación, infección e pos-infección. Fonte: The Lancet Microbe.

Descubrimos que a carga viral alcanza os seus valores máis altos no nariz (que se pensa que é a principal vía de transmisión) e na garganta durante os primeiros momentos da infección. Concretamente, entre o primeiro día con síntomas e o último. E isto ocorre mesmo nos pacientes con síntomas leves.

Tamén descubrimos que, durante varias semanas, pode detectarse material xenético do virus en mostras extraídas da garganta e en mostras de feces. Pero non se detectou presenza do virus vivo en ningunha mostra recollida nove días despois de que o paciente empezase a manifestar síntomas.

Con todo, algunhas persoas, en especial aqueles que xa padecían enfermidades graves ou que tiñan o sistema inmunolóxico debilitado (por estar a recibir quimioterapia, por exemplo), tiñan posibilidades de experimentar procesos de eliminación viral máis prolongados. En calquera caso, os resultados apuntan a que os infectados con SARS-CoV-2 teñen propensión a resultar contaxiosos no período comprendido entre uns poucos días antes de empezar a desenvolver síntomas e os cinco días posteriores.

En comparación, a carga viral do SARS alcanza o seu punto álxido entre 10 e 14 días despois de que empecen os síntomas, e o MERS faino nun período de entre 7 e 10 (hai que ter en conta que tanto o SARS como o MERS son enfermidades causadas por un virus que pertence á familia dos coronavirus).

Isto explica por que a transmisión destes dous patóxenos foi contida de forma eficaz a través da localización e illamento inmediato das persoas que manifestaban síntomas. E tamén explica por que está a ser tan difícil conter a Covid-19, pois este expándese de forma moi rápida nas fases temperás da infección.

O rastrexo de contactos e as simulacións mostran, de igual modo, que o nivel máximo de transmisión dáse nos cinco primeiros días que seguen ao comezo dos síntomas. Segundo un estudo publicado recentemente, o período de maior contaxiosidade corresponde a eses cinco días.

Outro estudo de rastrexo de contactos desenvolvido en Reino Unido e Taiwan determinou, de forma análoga, que á maioría das persoas contaxiáronlles a enfermidade nos cinco días posteriores ao comezo dos síntomas por parte do contaxiador.

A maior parte das persoas que fai un test recibe os resultados cando xa superou o período de maior contaxiosidade. O feito de que o pico de carga viral se dea ao comezo da enfermidade apunta a que, para romper a cadea de transmisión, unha persoa con Covid-19 debería confinarse tan pronto como empezou a manifestar os síntomas, sen esperar aos resultados da proba.

Calcúlase que só unha de cada cinco persoas pode permitirse un autoconfinamento, o que dificulta o rastrexo

O meu amigo Xoán confinouse de forma inmediata e chamou a todas as persoas coas que tivera contacto nos días anteriores. Ao día seguinte levantouse cun pouco de febre. Non puido facerse a proba de forma inmediata, xa que tivo que esperar para conseguir cita, pero obtivo os resultados ao quinto día de empezar os síntomas. Deu positivo por coronavirus.

Por sorte, Xoán conseguiu illarse durante o período no que resultaba máis contaxioso e os seus contactos fixeron corentena de forma inmediata. Foi afortunado na medida en que puido traballar desde casa e por tanto seguíronlle pagando. Pero segundo un informe publicado en Reino Unido, só una de cada cinco persoas pode permitirse un autoconfinamiento. Entre os impedimentos inclúese ter un neno dependente a cargo, ter baixos ingresos, as enormes dificultades económicas xeradas pola pandemia ou ser un traballador esencial, por exemplo unha enfermeira ou un profesor.

Os gobernos poderían facer máis

Como podería axudarlle o resultado dun test se as súas circunstancias persoais impiden autoconfinarse, se por exemplo ten un traballo que non se poida facer desde casa, ou se este non lle permite unha baixa por enfermidade? E de que servirían os resultados se a súa familia dependese do seu soldo, ou se o seu dereito á atención médica estivese vinculado a manter o seu emprego?

Estas preguntas fan fincapé no feito de que debemos concentrarnos en axudar ás persoas infectadas de Covid-19 para que poidan autoconfinarse nas etapas temperás da enfermidade. Aquí propoñemos catro formas de axuda:

  1. Asistencia económica para que haxa menos presión para ir traballar cando se está enfermo.
  2. Proporcionar solucións de aloxamento a grupos desfavorecidos, en especial a aquelas persoas que están en casas onde reside moita xente e tamén a aquelas que conviven con persoas vulnerables. Trátase dunha medida que se levou a cabo con éxito en Vermont (Estados Unidos).
  3. Prestar servizos de apoio ás persoas que están autoconfinadas, como se fai en Nova York e en numerosos países do sueste asiático.
  4. Eliminar as barreiras de acceso á cobertura sanitaria e considerar a redución dos períodos de corentena (rebaixalos a entre cinco e sete días despois de que aparezan os síntomas). Co devandito período poderíanse abarcar os días de maior contaxiosidade e facilitaríase que a xente cumprise a corentena. O pasado mes de setembro Francia rebaixou o período de corentena a sete días, e Alemaña medita rebaixalo mesmo a cinco. Os beneficios sociais de reducir este período deberían compensar calquera posible risco.

Se implantamos estas medidas, estaremos nunha mellor posición para vencer a pandemia.


* Müge Çevik é profesora de Viroloxía Médica e Enfermidades Infecciosas na Universidade de Saint Andrews, e Antonia Ho é profesora da Universidade de Glasgow.

Cláusula de divulgación: Müge Çevik recibe fondos para a investigación da Covid-19 da Oficina Científica Principal e do Fondo de Investigación de Grandes Retos do UKRI; Antonia Ho recibe fondos para a investigación da Covid-19 do UKRI, o Wellcome Trust e o Goberno escocés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Á procura dos 30 pasaxeiros que desembarcaron en Santa Elena: pode expandirse o gromo?

A prioridade das autoridades sanitarias pasa por identificar e seguir os contactos para evitar a propagación da enfermidade

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega