Mulleres científicas contra a opresión e perda de dereitos do pobo afgán

Afganistán é o lugar máis perigoso do mundo para ser muller neste momento. Segundo o Fondo de Poboación das Nacións Unidas (FPNU) nese país case o 90% das mulleres sofren violencia física, psicolóxica ou sexual, o que significa que hai máis de 18 millóns de mulleres afectadas coa chegada dos talibán ao poder.

Colectivos de científicas de distintas disciplinas axuntamos esforzos ante a perda d dereitos e liberdades en Afganistán, porque consideramos que non podemos ficar pasivas. O noso compromiso coa educación, a formación, o desenvolvemento tecnolóxico e a mellora da calidade da vida para toda a sociedade, motivounos a enviar esta Carta Aberta ás administracións e ás entidades políticas deste país.

Publicidade

Solicitamos tamén adhesións de investigadores, investigadoras e en xeral, de todas as persoas que consideran que esta crise humanitaria en Afganistán debe paliarse e conterse.

Reclamamos accións factibles

Respecto a os acontecementos actuais en Afganistán, dentro do noso ámbito preocúpannos particularmente o retroceso na relevancia política, cultural, científica e tecnolóxica das mulleres, a dificultade de acceso das nenas á educación e de forma máis global, a súa capacidade para decidir o seu propio futuro.

Publicidade

Esta Carta Aberta é unha solicitude ás administracións españolas para que promovan activamente (e a través de iniciativas internacionais) unha apertura segura das fronteiras. Reclamamos tamén un plan de emerxencia de recepción de refuxiadas e refuxiados afgáns, con particular atención ás mulleres, infancia e outros colectivos de risco.

Entre as medidas en materia de saúde e educación das persoas refuxiadas propoñemos:

  1. Promover o acceso á educación dos nenos e nenas afgás. Entre as nenas afgás, un 87% da poboación feminina é analfabeta (FPNU).
  2. Medidas de integración que inclúan ensino de idiomas, cursos de adaptación e formación e axudas financeiras. As nosas asociacións científicas, en particular, comprométense a apoiar e acoller no posible aos nosos e nosas colegas investigadoras e tecnólogas, e no caso das mulleres científicas, incluílas nos nosos programas de formación e desenvolvemento profesional.
  3. Establecer un plan de atención e asistencia psicolóxica. Os abusos sexuais, a violencia de xénero e os matrimonios forzosos supoñen un grave prexuízo para estas mulleres que debería tratarse e paliarse.Para a poboación que se mantén en Afganistán:
  4. Esta situación de crise require múltiples medidas. Como mínimo, de forma inmediata, é necesario asegurar o mantemento das comunicacións (incluídas distintas redes sociais), para unha interlocución directa sen censura da poboación civil.
  5. Impulsar o uso da ciencia e a tecnoloxía para monitorar represións a colectivos vulnerables.
  6. Liderar accións que garantan os dereitos fundamentais da muller, prohibindo o matrimonio infantil, o sometemento da muller ao seu esposo ou a familiares masculinos que limiten a súa independencia e acceso ao mercado laboral. É importante que se recoñeza a súa identidade individual.
  7. A Unión Europea debería asegurar estes dereitos básicos en Afganistán antes de tratar co novo goberno talibán.

Animamos, por tanto, a asinar esta Carta que facemos aberta a todas aquelas persoas ou colectivos interesados no tema, e á que animamos a sumarse ás administracións centrais e autonómicas.

Así mesmo, facemos estas reclamacións extensibles a outras crises humanitarias. Non permitamos que a historia de opresión e discriminación das mulleres, xa non só afgás, sexa crecente. É a nosa responsabilidade reclamar que cada persoa teña a súa voz e poida exercer os seus dereitos libremente.


Marisol Soengas é Vicepresidenta da Asociación Española de Investigación sobre el
Cáncer (ASEICA) e coordinadora de ASEICA-Mujer; María Mayán forma parte de ASEICA-Mujer e é Coordinadora do Grupo Mujer y Ciencia da Sociedad Española de Bioquímica
y Biología Molecular (SEBBM); e Ariana Fernández é Presidenta da Asociación de
mulleres científicas galegas A ciencia é feminino


Podes asinar a adhesión á carta nesta ligazón.


Organizacións adheridas:

  • Asociación Nacional de Investigadores Hospitalarios (ANIH)
  • Sociedad Española de Inmunología (SEI)
  • Sociedad Española de Farmacia Industrial y Galénica (SEFIG)
  • Real Sociedad Matemática Española (RSME)
  • Comisión de Investigación y Género RAICEX (IgR)
  • European Federation for Pharmaceutical Sciences (EUFEPS)
  • Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas (AMIT)
  • Universidade da Coruña (UDC)
  • Universidade de Vigo (UVigo)
  • Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas (CiMUS)
  • Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS)
  • Centro de Investigaciones Cientificas Avanzadas (CICA-UDC)
  • Rede Galega pola Investigación (INVESTIGAL)
  • Asociación de Médicos Gallegos (ASOMEGA)
  • Fundación Instituto de Investigación Valdecilla (IDIVAL)
  • Apuntes de Ciencia
  • Asociación Ciencia con 3 enCantos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Zendal entrega os seus premios a proxectos sobre alzhéimer e vacinas animais

O grupo biofarmacéutico homenaxeou durante a gala a Marisol Soengas como referencia na investigación contra o melanoma

A UVigo busca terapias eficaces contra enfermidades dexenerativas como a artrose

O traballo está liderado en España por María Mayán, investigadora de recente incorporación ao CINBIO

Soengas: “Temos que facer pedagoxía coas novas xeracións porque ven un lado bastante negativo da ciencia”

A bióloga molecular analiza os retos que afronta a investigación oncolóxica en Galicia

A xestación subrogada en persoas famosas: un lastre para o seu rexeitamento social

Unha declaración realizada por expertos de 75 países apela á abolición universal por atentar contra os dereitos das mulleres