Un estudo di que os ourensáns son os unicos españois que perderon peso en Nadal

Toda España engorda tras os excesos gastronómicos do Nadal, menos os veciños de Ourense, que perden quilos. Ou polo menos iso é o que casualmente defende o grupo NC Salud, unha marca de produtos dietéticos: os ourensans son os únicos españois que non gañan peso logo da inxesta de polvoróns.

Os ourensáns son os únicos españois que perden peso en Nadal
Os ourensáns son os únicos españois que perden peso en Nadal

O resto dos galegos si que non se libra da delación da báscula en xaneiro, mes dos bos propósitos por excelencia, entre os que non faltan o de ir ao ximnasio ou dar coa a dieta coa que baixar peso. Na nosa comunidade, tendo en conta a excepción ourensana, gañamos entre medio e dous quilos de peso nestas datas. No caso das mulleres a media sube 1,5 quilos. Por provincias, Pontevedra é a que máis engorda, até 3,5 quilos de media.

Publicidade

NC Salud, firma dedicada ao asesoramento nutricional nas farmacias, recolleu datos nos últimos cinco anos. Aseguraran dispor para o seu estudo de 200.000 datos de clientes en toda España. Ourense ocupa o posto máis alto do ranking, o dos raros que acaban o Nadal máis fracos do que o comezaron, segundo o sorprendente estudo. Até medio quilo foron capaces de perder os ourensáns mentres o resto do país se queixa de que non lle entra o pantalón.

O estudo sinala que o que nos fai engordar nestas datas son os cambios nos hábitos alimenticios, o consumo máis elevado de alcohol e os compromisos de comidas ás que non podemos dicir que non.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

Por que está de moda o magnesio?

Unha inxestión insuficiente do mineral pode asociarse a fatiga, debilidade e alteracións neuromusculares, pero non significa que haxa que suplementarllo a todo o mundo

A volta das lapas

As consecuencias dos incendios do verán de 2025 e o primeiro gran lume de 2026. Por Andrea Veiga