Prometeo e o anel F

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: no mito grego, Prometeo era un Titán, coñecido paor traer o fogo desde o monte Olimpo. Pero na época moderna o nome dáselle a unha pequena lúa de Saturno, que orbita xusto por dentro do anel F. Nunha interacción complexa, a diminuta lúa con forma de pataca interactúa coas partículas xeadas do anel, creando estruturas ao longo do anel F que aínda non se comprenden de todo. Resultando nunha das imaxes de maior resolución de Prometeo, esta imaxe da súa superficie chea de buratos, mentres posa co delgado anel F ao fondo, foi tomada durante o achegamento da nave espacial Cassini o 6 de decembro de 2015. Prometeo ten uns 80 quilómetros de diámetro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cartas de Alejandra Murguía revelan novos aspectos da vida de Rosalía de Castro e Manuel Murguía

A USC publica o epistolario que a primoxénita no matrimonio mantivo con Ángela Santamarina entre 1916 e 1925

Que facer cos residuos orgánicos? Así funciona o contedor marrón de Vigo

O Concello, en colaboración con FCC Medio Ambiente, impulsa a separación do lixo para transformalo nun fertilizante natural

Par ou impar: unha soa molécula dunha cadea cuántica determina a interacción cun supercondutor

A investigación publicouse na prestixiosa revista 'Nature' e xorde dunha colaboración entre o CiQUS da USC e CIC nanoGUNE

O Foro de Empresas Innovadoras recoñece a Unirisco polos seus 25 anos de apoio á transferencia

Dende a súa creación en 2001, contribuíu a levar máis de 40 proxectos científicos ao ámbito comercial, impulsando a colaboración entre universidade e empresa