O campus de Lugo ábrese a alumnos de Secundaria co programa ‘Ciencias para xoves investigadores’

A Facultade de Ciencias do campus de Lugo botará a andar este martes 12 de xaneiro unha nova edición das xornadas ‘Ciencia para xoves investigadores’, un programa de estímulo de novas vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio impulsado polo persoal do centro universitario lugués e no que se agarda a participación de máis de 300 estudantes preuniversitarios.

O programa desta nova edición das xornadas ‘Ciencias para xoves investigadores’ , no que xa formalizaron a súa participación estudantes e docentes de 7 centros educativos nos que se imparten estudos de ensino secundario da capital luguesa, desenvolverase entre os días 12 e 22 de xaneiro en quenda de mañá, de 10.00 a 13.30 horas.

Publicidade

As distintas sesións programadas ao abeiro deste ciclo presentan unha estrutura semellante. Así, logo dun breve acto de benvida guiado polo decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos, distintos profesores e persoal do centro universitario lugués conducirán sesións prácticas nos distintos laboratorios do centro, onde os propios estudantes poderán realizar os seus propios experimentos.

Un grupo de escolares de 4º curso de ESO do IES Ánxel Fole de Lugo abrirá este martes, a partir das 10.00 horas, esta nova edición dunhas xornadas que, nos seguintes días, terán como protagonistas alumnos de ensino secundario do IES Sanxillao, IES Lucus Augusti, Colexio Padres Franciscanos, Colexio Divino Maestro, Colexio Marista La Inmaculada e Colexio San José.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior