Reviven este gato despois de ser conxelado

Hai unha frase en medicina que di así: “non estás morto ata que esteas quente e morto”. A sentenza fala dos paradoxos da hipotermia, que pode aparentar unha morte que aínda non se produciu. E, polo visto agora, tamén é válido para os gatos.

O xornal The Washington Post sorprende hoxe con esta reportaxe que fala de Fluffy, unha gata da cidade de Kalispell, en Montana, nos Estados Unidos. Os donos de Fluffy atopárona ríxida e cuberta de grosos anacos de xeo e neve preto da súa casa a semana pasada.

Publicidade

Recollérona e inmediatamente levárona ao veterinario, que probablemente foi o que lle salvou a vida. “Estaba conxelada”, dixo Andrea Dutter, directora executiva da Clínica de Animais de Kalispell. A temperatura do seu corpo estaba por baixo do que podían ler os termómetros da clínica: 32 graos celsius.

A temperatura corporal interna normal dun gato está por riba dos 38 graos. “Inmediatamente comezamos a quentala”, dixo Dutter. “Auga quente, almohadillas térmicas, toallas quentes … e unha hora máis tarde recuperou a consciencia e comezou a miar”.

Publicidade

Unha vez que foi desconxelada, os veterinarios descubriron que o gato sufrira unha lesión que lle impediu regresar a casa e quedou conxelada baixo as temperaturas de ata 40 graos baixo cero que se rexistraron co movemento do vórtice polar nos Estados Unidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Manuel, Celso e Abel: os galegos que loitaron con EEUU na Segunda Guerra Mundial

O profesor da USC Javier Fernández Castroagudín participa en tres estudos que poñen o foco en emigrantes galegos que combateron no conflito internacional dende América

Nova polémica científica de Trump: vincula o autismo coa toma de paracetamol no embarazo

O Goberno estadounidense proporá, segundo o Washington Post, a leucovorina como posible cura a pesar do escepticismo da comunidade científica

Os gatos con demencia, unha nova fiestra ao estudo do alzhéimer en humanos

Investigadores da Universidade de Edimburgo revela que os felinos desenvolven cambios cerebrais similares aos das persoas, o que os converte en modelos naturais prometedores para a investigación da enfermidade neurodexenerativa

A empresa galega Alén Space culmina con éxito o lanzamento do seu novo satélite dende California

O obxectivo do aparello creado en Nigrán é abrir unha nova era no sector marítimo e contribuír á súa dixitalización