Punto Nemo: o cemiterio de naves espaciais no océano Pacífico

O Polo de Inaccesibilidade do Pacífico é o punto da Terra máis afastado do ser humano e o preferido polas axencias espaciais

É o lugar de todos os océanos máis afastado de calquera terra firme. Técnicamente, é chamado polo de inaccesibilidade do Pacífico e se atopa a 2688 quilómetros da Antártida. Pero popularmente, tamén é coñecido como punto Nemo. E para calculalo, emprégase a distancia sobre a superficie dun elipsoide terrestre de referencia contabilizando calquera illa permanentemente emerxida.

Nemo é a palabra en latín para ‘ninguén’. E tamén é o nome do capitán do submarino Nautilus, na novela de Jules Verne ‘20.000 leguas baixo dos mares’. O que resulta menos coñecido é que falamos tamén do gran cemiterio de naves espaciais que temos no planeta Terra.

Publicidade

As súas coordenadas exactas son 48 graos 52,6 minutos en latitude sur e 123 graos 23,6 minutos en lonxitude oeste. E, por estar tan afastado da actividade humana, é o lugar perfecto para que americen naves espaciais cando rematan as súas misións, polo que a NASA o recoñece como o seu “cemiterio de naves espaciais”.

Situación do Polo de Inaccesibilidade do Pacífico. Foto: Wikimedia.

“Está no Océano Pacífico e é practicamente o lugar máis afastado de calquera civilización humana que poidas atopar”, di a NASA. Pero o exnseñeiro aeroespacial Bill Ailor, un especialista en reingreso atmosférico, expresouno doutro xeito: “É un gran lugar onde podes deixar as cousas sen colisionar contra nada”.

Publicidade

Para “enterrar” algo no cemiterio, as axencias espaciais teñen que cronometrar cada impacto nese lugar. Os satélites máis pequenos xeralmente non rematan no Punto Nemo, xa que, como explica a NASA , “a calor da fricción do aire queima o satélite cando cae cara á Terra a milleiros de millas por hora, polo que se desintegran na atmosfera”.

O problema son os obxectos máis grandes, como Tiangong-1: a primeira estación espacial chinesa, que se lanzou en setembro de 2011 e pesaba preto de 8,5 toneladas. China perdeu o control do laboratorio orbital de 12 metros de longo en marzo de 2016 e estaba destinado a estrelarse antes do 2 de abril de 2018. Cando o fixo, grandes estruturas da nave, como os seus tanques de combustible poderíanse ter estrelado a máis de 180 millas por hora. Pero caeu no Punto Nemo, aínda que de casualidade, porque China non tiña o control da Tiangong-1

Unha curiosidade interesante do Polo de Inaccesibilidade do Pacífico é que os humanos que viven máis preto del son os astronautas da Estación Espacial Internacional, que orbitan a uns 360 km sobre a Terra e calquera illa habitada está máis afastada.

Recreación da estación espacial chinesa Tiangong-1. Imaxe: ESA.

Está documentado que, entre 1971 e mediados de 2016, as axencias espaciais de todo o mundo descargaron 260 naves na rexión, segundo Popular Science. Esa cifra aumentou significativamente desde o ano 2015, cando o total foi de 161. Aquí podemos atopar a estación espacial MIR da era soviética e máis de 140 vehículos rusos de reabastecemento, varias naves de carga da Axencia Espacial Europea e mesmo un foguete SpaceX.

Aínda que as axencias espaciais tentan afundir as súas naves inservibles no Punto Nemo, a probabilidade de que impactasen contra unha zona habitada na Terra serían moi baixas. Non é imposible, pero desde o comezo da era espacial só existe un caso de impacto contra un ser humano: unha muller en Oklahoma, nos Estados Unidos.

Pero o risco máis grande está en deixar as naves mortas en órbita, convertidas en lixo espacial. Uns 5.000 satélites actualmente orbitan a Terra a varias altitudes. Ademais de todos eses satélites, hai miles de corpos de foguetes sen control que orbitan a terra, xunto con máis de 12.000 obxectos artificiais máis grandes que un puño, segundo un estudo publicado por Space-Track.

 O peor tipo de risco, segundo a Axencia Espacial Europea , é cando unha peza de lixo espacial bate accidentalmente outra peza, especialmente se os obxectos son grandes. Tales colisións de satélites son raras pero acontecen: están documentadas en 1996, outro en 2009 e dous en 2013.

Sacar da órbita ás naves espaciais antigas é clave para previr a formación de lixo espacial. E por iso é importante o Polo de Inaccesibilidade do Pacífico. Porque o chamado Punto Nemo é o mellor cemiterio para naves espaciais que temos no planeta Terra.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo