Martes 23 Abril 2024

A Tiangong-1 caeu no medio do Pacífico

Non caeu en Galicia, nin en Europa, nin en ningunha zona habitada. A estación espacial chinesa Tiangong-1 fixo esta madrugada a súa reentrada na atmosfera arredor das 2.15 da hora central europea. Tal e como confirmou a Axencia Espacial Europea e outros organismos, como a Forza Aérea dos Estados Unidos, a nave volveu á Terra no Pacífico Sur, ao noroeste de Tahití, e moi lonxe de calquera zona de risco para a poboación. Segundo as informacións que achegaron as autoridades chinesas, a maior parte dos compoñentes da nave desintegráronse durante a entrada na atmosfera.

Curiosamente, tal e como sinalou a ESA no seu anuncio, a zona da reentrada da Tiangong-1 está preto dunha área que é habitualmente utilizada polas axencias espaciais para facer as caídas controladas dalgúns equipos espaciais. Alí foron dirixidas, entre outras, a estación rusa MIR ou o vehículo automatizado Jules Verne.

Publicidade

O último paso da Tiangong-1 sobre Galicia

Aínda que Galicia estaba situada nunha das zonas con máis posibilidades de ser a área de entrada da nave chinesa, as probabilidades de impacto seguían sendo baixísimas. Tal e como destacaba a propia ESA, as probabilidades de ser golpeado por un fragmento da Tiangong-1 (que medía algo máis de 10 metros e pesaba 8 toneladas) eran 10 millóns de veces menores que as de ser alcanzado por un raio.

Con todo, nunha das súas últimas órbitas, a Tiangong-1 pasou xusto sobre Galicia. Foi o pasado venres, tal e como se pode ver baixo estas liñas. A estación espacial sobrevoou o centro do país de oeste a leste.

A Tiangong-1 fora lanzada en 2011 e prestou servizo ata decembro de 2015, manténdose a unha altura de entre 330 e 390 quilómetros, ata que China lanzou a súa ‘sucesora’, a Tiangong-2. Nun principio, a axencia espacial do país planeaba unha caída controlada da antiga estación sobre a Terra, orientando aos posibles restos cara o cemiterio espacial do Pacífico Sur, pero en marzo de 2016 perderon o control sobre ela.

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Marcos Martinón, un galego entre guerreiros de terracota: “É incrible, pero non hai dous soldados iguais”

O arqueólogo ourensán investiga dende hai case 20 anos o espectacular mausoleo do primeiro emperador chinés, un xacemento con 2.000 anos de antigüidade

Así é ‘Mycoplasma’, a principal sospeitosa da pneumonía infantil en China

O microbiólogo Raúl Rivas fai un retrato robot da bacteria que probablemente contribuíu a disparar a incidencia de enfermidades respiratorias no xigante asiático

A misteriosa pneumonía infantil de China: “Sospeitamos dos patóxenos habituais”

O pediatra Federico Martinón cre que a repunta de enfermidades respiratorias en nenos se pode deber á fin das restricións covid

Unha misteriosa neumonía infantil enche os hospitais en China: isto é o que sabemos

A OMS solicita oficialmente ao xigante asiático información detallada sobre o aumento de enfermidades respitatorias nos nenos