O estraño vínculo entre a apendicite e o Párkinson

Un novo estudo suxire a relación entre a inflamación do apéndice e a doenza neurodexenerativa, pero non queda clara a conexión exacta

Nos últimos anos, non son poucos os estudos que relacionan a posibilidade de que a orixe de doenzas neurodexenerativas como o Alzheimer e o Parkinson estea no sistema dixestivo. En concreto, os focos apuntan cara a flora intestinal, tal e como traballan científicos como a galega Sonia Villapol. E tamén apareceron investigacións nas que se mira cara ao apéndice, a parte final do intestino groso que ás veces ten que ser extirpada pola súa inflamación, a coñecida apendicite. Agora, un novo traballo sementa a confusión, xa que os vínculos parecen existir, pero non nun único sentido.

A finais do ano pasado, unha análise de 1,7 millóns de persoas publicada en Science atopou que, nos casos estudados, había un 25 % menos probabilidades de desenvolver a enfermidade de Párkinson se se eliminou o apéndice. Agora un estudo máis amplo di todo o contrario. Faltan por saber, por tanto, novos estudos, máis precisos e profundos, para extraer conclusións sobre o sentido do vínculo.

Publicidade

O interese dos científicos cara o apéndice vén, entre outras causas, porque nesta zona do intestino hai unha proteína (a-sinucleína) que está relacionada co Párkinson. E deduciuse, alén disto, que o suposto papel protector do apéndice podería desembocar, por outra banda, en que a súa extracción causaría un aumento da a-sinucleína.

Incerteza e máis investigación

En azul, prevalencia de Párkinson nas persoas operadas de apendicite, e e, verde, os casos nas persoas que non a padeceron. Fonte: Sheriff et. al.
En azul, prevalencia de Párkinson nas persoas operadas de apendicite, e e, verde, os casos nas persoas que non a padeceron. Fonte: Sheriff et. al.

Porén, ante as incertezas, son moitos os equipos de investigación que seguen buscando respostas ao problema. E xurdiu entón o que é un dos maiores estudos cuantitativos a nivel mundial para estudar a conexión entre apendicite e Párkinson. A partir dunha base de datos con máis de 62 millóns de persoas, das que 488.000 foran operadas de apendicite e 4.470 delas padeceran Parkinson, fixéronse as comparacións.

Publicidade

Segundo os datos recollidos neste novo traballo, e con meros cálculos cuantitativos, “extraer o apéndice incrementa ata tres veces a posibilidade de padecer Párkinson”. Con todo, son só cifras e, segundo aclaran os autores desta análise, non se pode demostrar a relación directa entre a extracción deste corpo e a doenza. Pero si que se suxire un vínculo que habería que estudar en profundidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía