Drogan a polbos con éxtase e demostran que se fan máis sociables

O MDMA, tamén coñecido como éxtase, é unha perigosa droga que pode producir problemas cognitivos e un deterioro neurolóxico irreversible. Porén, os estudos sobre esta substancia expoñen tamén que as persoas que consomen esta substancia producen unha notable cantidade de serotonina, dopamina e oxitocina, polo que expresan con máis facilidade a euforia e unha maior proximidade emocional.

En base a esta idea, investigadores estadounidenses tiveron a idea de proporcionar éxtase a uns polbos para ver como reaccionaban. Estes animais adoitan ser bastante solitarios e cunha limitada interacción social. Porén, a súa reacción ante a droga foi semellante á dos humanos, e intenta relacionarse máis cos seus conxéneres, segundo o estudo publicado en Current Biology. 

Publicidade

Baixo os efectos do éxtase, os polbos pasaban máis tempo con outros individuos e tocábanse máis

“O cerebro dos polbos é máis semellante ao dos caracois que ao dos humanos, pero o estudo demostra que poden exhibir algúns comportamentos parecidos aos nosos”, conta, segundo recolle a Axencia Sinc, a científica Gül Dölen, da universidade Johns Hopkins.

No experimento, realizado con catro individuos, comprobouse que baixo os efectos do éxtase, os polbos pasaron máis tempo con outros individuos e tiveron moito máis contacto físico. “Non foi só máis tempo en cantidade, senón cualitativamente”, di a científica. Despois de 30 minutos, os polbos tendían a abrazar a gaiola na que estaban.

Publicidade

Ademais, atoparon semellanzas moleculares no xene que transporta a serotonina. O xene codifica unha proteína que serve como nexo de unión para o MDMA. “Estas semellanzas son suficientes para permitir que a droga provoque comportamentos ‘prosociais‘ nos polbos, explica.

A evolución das linaxes do polbo e os humanos separouse hai 500 millóns de anos, polo que moitas das súas características son diferentes. Non en tanto, as análises xenómicas evidenciaron semellanzas nestes xenes. Algo que demostra que os sistemas de neurotransmisores antigos están compartidos entre vertebrados e invertebrados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais