Podes atopar esta proba da evolución no teu propio corpo

Algúns din que o noso corpo é un museo, porque está cheo de reliquias que xa ninguén necesita. Dende as moas do xuízo ata a estraña maneira en que algúns de nós podemos mover as nosas orellas, conservamos elementos que os nosos devanceiros animais necesitaban para sobrevivir.

Como explica este vídeo (podes axustar os subtítulos con tradución en castelán), estes remanentes estraños permanecen no noso corpo e só teñen sentido no marco da evolución por selección natural. Aquí hai un que podes ver agora mesmo: se alongas o brazo e tocas o dedo maimiño co dedo polgar, probablemente verás un tendón levantado no centro do pulso.

Publicidade

Se non tes iso, estás entre o 10-15 por cento dos humanos na Terra que naceron sen esta característica prominente nun ou en ambos os dous brazos. Este tendón conéctase ao palmaris longo, un músculo que a maioría de nós temos, pero non parece haber unha razón real para que estea alí.

Como explica o vídeo, a investigación atopou que a presenza deste músculo nos nosos antebrazos non nos dá unha forza de agarre mellor que as persoas que nacen sen el. De feito, é tan intranscendente que ás veces os cirurxiáns o extraen e o usan para procedementos de cirurxía plástica ou reconstructiva noutras partes do corpo.

Publicidade

Entón, por que conservamos un pedazo de tecido tan inútil? Os científicos descubriron que, aínda que o palmaris longus está presente en moitas especies de mamíferos na actualidade, está máis desenvolvido naqueles que usan os seus antebrazos para moverse, como os lémures e os monos.

Aquí hai outro vestixio da evolución: algunhas persoas poden mover tres músculos situados xunto ás orellas e conseguen movelas lixeiramente. Trátase doutro remanente evolutivo, que un día foi esencial para os nosos devanceiros animais pero que non ten utilidade nos humanos, que non movemos as orellas para escoitar mellor.

Ademais, podemos atopar outras partes do noso corpo que xa non teñen unha función precisa pero que son rastros da evolución. Como xa contamos nesta reportaxe

As funcións desas partes do corpo que parece que non valen para nada

5 COMENTÁRIOS

  1. No das orellas discrepo. Eu son quen de movelas, e os músculos que interveñen nese movemento si que teñen utilidade: ocluir o son que entra nelas. Non chega a ser como poñer os dedos, pero atenúa moito o son que penetra nos pavillóns auditivos e que chega ao tímpano, evitando danos por ruidos (teño o reflexo de facelo diante de ruidos estridentes inesperados).

  2. Boneca é o que se refire coma xoguete. Non é un castelanismo como tal pero sí utilizalo para referirse a parte do corpo. Outros castelanismos frecuentes son parexa (parella) conexo (coello). O uso da palabra pulso é correcta.
    Un artigo xenial! Meus parabéns!

  3. Interesantísmo artigo! Mais por favor, non empreguen “boneca”*, é un castelanismo feo feo. No seu lugar, PULSO, o punto onde o brazo se articula coa man.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo da UDC reconstrúe a evolución do lince europeo coa análise de ADN e proteínas antigas

A investigación analizará tres especies de lince do suroeste de Europa para reconstruír as súas relacións evolutivas e as hibridacións entre elas

Do CINBIO a Sudáfrica para estudar a recombinación da covid: historia dunha viaxe

O grupo CME da UVigo leva anos estudando a evolución dos virus a través da bioinformática e centra parte dos seus estudos na monitorización do SARS-CoV-2

Por que os peixes non teñen pelo?

Os peixes non teñen pelo porque evolucionaron na agua, onde as escamas e a pel lisa son máis útiles para moverse e sobrevivir. Por Antonio Figueras

O que os dentes nos ensinan sobre a evolución da vida acuática

Un percorrido pola sorprendente diversidade de estruturas orais que impulsaron adaptacións únicas nos animais acuáticos