Os humanos de Atapuerca comían gato e can

Nas covas de Atapuerca (Burgos), os humanos do Neolítico comeron especies pouco consumidas no resto da Europa continental. As marcas de corte e as mordedelas humanas en ósos de can doméstico, gato salvaxe, raposo e teixugo demostran que hai entre 7.200 e 3.100 anos os Homo sapiens de Atapuerca non consumiron unicamente cabras, ovellas e vacas.
O estudo, publicado na revista Quaternary International, analizou as marcas en 24 restos fósiles e os investigadores do Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social (IPHES) confirman que pertencían a cans domésticos, gatos salvaxes, raposos e teixugos.

Os habitantes de Atapuerca tamén comían raposo e teixugo

“O consumo destas especies era moi pouco frecuente en Europa continental naqueles tempos, pero o achado destes restos fósiles neste depósito avalan o seu procesamento”, sinala Patricia Martin, autora principal do traballo e investigadora colaboradora do IPHES.
Nalgunhas illas do Mediterráneo, como Chipre, documentouse o consumo dalgunhas destas especies xa no Neolítico (hai entre 6.000 e 3.000 anos). Non obstante, para os investigadores tratábase dunha práctica “moi pouco usual na Europa continental”.
A Cova do Miradoiro foi utilizada como cova curral para albergar os rabaños compostos sobre todo por ovellas, cabras e gando bovino, que integraban parte da base da dieta dos humanos. Non obstante, outras especies como pequenos carnívoros tamén foron empregados para o consumo.

Publicidade

Do Neolítico á Idade de Bronce comían can doméstico de xeito puntual

“Os cans foron desarticulados e descarnados, os seus ósos fracturados e, finalmente, fervidos”, comenta Martín. Os investigadores observaron estas evidencias tanto en niveis do Neolítico coma nos da Idade do Bronce. “Produciuse de xeito puntual en distintos episodios, pero tivo continuidade temporal”, recalca a investigadora.
Para os científicos, esta práctica puido estar relacionada con momentos esporádicos de fame ou escaseza, e a carne de can tivo unha consideración especial. “É unha das posibilidades que barallamos”, puntualiza Martín.
Non obstante, segundo datos etnográficos, nalgunhas culturas asiáticas ou entre os bérberes, considerábase a carne de can como unha rica fonte de proteínas e mesmo como unha delicatessen. “Tampouco se pode descartar que nalgúns casos o obxectivo fose obter e aproveitar a pel destes animais”, observa.
Dada a dificultade de cazar carnívoros salvaxes e ao carácter excepcional do seu consumo neste depósito, é probable que estes animais tivesen sido capturados de forma accidental e, posteriormente, inxerido. “Pero tampouco se pode descartar a opción de que fosen empregados como unha fonte extra de alimento en períodos de escaseza”, declara Martín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As dietas pobres en cereais, verduras e sementes elevan o risco de infarto

A alimentación deficiente foi a responsable de catro millóns de mortes por cardiopatía isquémica en 2023

Quefir ou iogur? Estes son os beneficios para a nosa saúde intestinal

Ambos os produtos son máis fáciles de dixerir que o leite, xa que parte da lactosa se consome durante a fermentación

Ter can durante a adolescencia favorece a saúde mental e a empatía

Un equipo do Xapón relaciona o efecto emocional con cambios no microbioma, que inflúen no comportamento e nas interaccións sociais

Ciencia e cooperación para unha alimentación sostible: os resultados de Net4Food

A rede de colaboración entre Galicia e Norte de Portugal continuará a través do Iberian Food Lab