Achegándose ao asteroide Ceres

Achegamento ó asteroide Ceres

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS/DLR/IDA/PS

Explicación: é o meirande asteroide do cinto de asteroides; que secretos ten? Para averigualo, a NASA enviou a sonda espacial automática Dawn para explorar e cartografar este mundo grande e críptico de 1.000 kilómetros: Ceres. Orbitando entre Marte e Xúpiter, Ceres está oficialmente categorizado coma un planeta anano pero nunca foi fotografado polo miúdo. Esta imaxe GIF de 20 fotogramas foi realizada hai unha semana durante o achegamento da Dawn, que xa rivaliza coas mellores fotografías de Ceres tomadas anteriormente polo Telescopio Espacial Hubble. O vídeo amosa con abonda definición superficial como para discernir o seu periodo de rotación de 9 horas. Co obxectivo de chegar a Ceres a comezos de marzo, a Dawn igualará a velocidade e tentará orbitar este corpo sen explorar previamente, tomando imaxes e datos que poida que axuden á humanidade a comprender mellor non só a natureza e a historia de Ceres, senón tamén a historia primixenia de todo o noso Sistema Solar.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo