Os galegos son os que menos botan a sesta

Se hai algo polo que se coñece a España no mundo enteiro é pola sesta. É un dos tópicos “made in Spain” máis arraigados. Sen embargo, na súa maioría, isto non se corresponde coa realidade. De feito, Galicia é a gran excepción, xa que é a comunidade onde menos se bota unha soneca de todo o Estado.

A proposta por parte do presidente do Goberno en funcións de volver ó mesmo fuso horario de Portugal e Reino Unido coa finalidade de harmonizar os horarios cos colegas europeos, desatou unha chea de mofas por parte da prensa internacional. Titulares do tipo “Hora de erguerse!”, “Adeus sesta!” ou “Rajoy quere rematar coa sesta” arremeten contra a xornada laboral e as tres horas de sesta que, segundo diarios coma “The Independet” ou “The Times”, botan os españois a diario.

Publicidade

Galegos e vascos, os que menos dormen a sesta

É certo que os horarios españois son particulares e que a pausa de mediodía en España é máis longa que noutros países e, en moitos casos, chega ás dúas horas, pero isto non significa que se aproveiten para durmir a sesta. De feito, existe un estudo elaborado en 2009 pola Fundación de Educación para a Saúde (Fundadeps) e a Asociación Española da Cama (Asocama) que desmonta estes tópicos.

o 58.6% dos españois nunca bota a sesta

Os resultados da enquisa elaborada entre 3.000 adultos de toda España, demostrou os seguintes datos: O 16.2% dos españois bota unha sesta cada día, o 22% só a veces, o 3.2% só as fines de semana e o 58.6%, nunca.

Publicidade

Aínda que os datos son similares para toda España, os murcianos son os que máis dormen a sesta cada día (21.2%), seguidos dos aragoneses (21.1%). Os que menos, os vascos (12.2%) e os galegos (12.4%).  De feito, un 70.5% dos galegos afirma que nunca dorme a sesta, unha cifra que está doce puntos por riba da media española.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aumenta o paracetamol os comportamentos de risco?

Un estudo apunta á redución da ansiedade como causa do cambio na forma de actuar das persoas baixo o efecto de acetaminofén

Encaixan os galegos nas claves sociais do Informe Mundial da Felicidade? “Somos sociedade de comunidade e empatía”

Os ritmos de vida actuais levan a compartir menos tempo cos nosos, un factor que a psicoloxía liga estreitamente co benestar emocional

Investigadores galegos redefinen o futuro das células solares

Un estudo da Universidade da Coruña abre a porta ao uso de materiais cun menor impacto ambiental e maior eficiencia

Maréaste após unha resonancia magnética? Un estudo galego explica por que

Un grupo de investigación da Universidade de Santiago evidencia que o campo magnético da máquina despraza o fluído que existe no oído interno