O brazo que Óscar recuperou en quince días

O pasado 23 de marzo, Óscar González sufriu a amputación dun brazo mentres traballaba cunha máquina nas obras dun túnel do AVE ao seu paso pola parroquia de Cerdedelo, en Laza (Ourense). A súa extremidade chegou colgando por apenas un tendón. Hoxe, quince días despois daquel suceso, Óscar comeza a mover os dedos do seu brazo accidentado e nos próximos días poderá ser dado de alta.

amputacion povisa

Trátase dun novo fito dentro da xa dilatada historia de Povisa no ámbito da cirurxía reconstrutora e os reimplantes, e que foi explicado ante os medios de comunicación polos doutores Enrique Moledo e Beatriz Postigo, cirurxiáns do servizo de Cirurxía Plástica e Reconstructora, e Rafael Otero, cirurxián do servizo de Traumatología, acompañados polo director asistencial do hospital, Luís Geremías, e polo propio paciente.

Publicidade

O doutor Enrique Moledo, cunha longa experiencia neste tipo de intervencións e coordinador dunha operación que se alongou durante máis de 7 horas, destacou en primeiro lugar a boa actuación do 061, que trasladou ao ferido desde o lugar do accidente en pouco máis dunha hora, o cal resultou “clave en casos como estes onde o tempo corre en contra”. O brazo de Óscar sufría unha “amputación incompleta”, é dicir, que estaba unido apenas por algún tendón, polo que o doutor Rafael Otero procedeu en estabilizar os ósos e, posteriormente, o equipo de cirurxía plástica e reconstrutora procedeu, utilizando as técnicas máis avanzadas de microcirurxía, a “reconectar” os vasos sanguíneos e, finalmente, os nervios e tendóns.

O paciente xa move os dedos, dúas semanas despois da amputación

Pola súa banda, o paciente, Óscar González, agradeceu o traballo e a atención recibidos polo persoal médico e de enfermería de Povisa, e recoñeceu que cando chegou ao hospital non contaba con recuperar o brazo. Comezou a mover os dedos e, nese sentido, o Dr. Moledo apuntou que por diante queda un longo traballo de recuperación e rehabilitación para que aos poucos vaia recuperando a funcionalidade.

Publicidade

En Povisa, un equipo multidisciplinar de seis médicos -pertencentes aos servizos de Cirurxía Plástica e Reconstructora, e Traumatología- están especializados en macro e micro reimplantes, dos cales se realizan unhas 50 intervencións anuais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son os catro doutores galegos na lista dos 50 mellor valorados polo colectivo médico

Dous coruñeses, un vigués e un ourensán, no ranking anual de profesionais da privada máis votados polo colectivo médico

Unha nova prótese robótica lixeira permite subir escaleiras e dar zancadas

Desenvolven unha perna para persoas amputadas que reproduce a biomecánica do xeonllo, o nocello e a articulación do dedo do pé

Rexeneran as dedas amputadas de ratos grazas a dúas proteínas

Un traballo publicado en "Nature Communications" amosa sinais de rexeneración nas articulacións, o que abre unha esperanzadora vía

A Escola de Minas da UVigo xa acolle a colección de minerais de Manuel de Sas

A familia do doutor cede á universidade máis de 200 exemplares, “únicos e de gran beleza natural e incribles cores, formas e texturas"