Cres que coñeces ó teu gato? En Reino Unido estes animais matan ao ano a millóns de seres vivos silvestres. Un estudo sobre as actitudes dos donos dos gatos neste país suxire que algunhas propostas, como mantelos no interior das casas para preservar a vida silvestre, non terían unha boa acollida.
Os gatos teñen gañado unha reputación de asasinos da vida silvestre en Reino Unido debido ás estimacións que se fan cada ano sobre os estragos que causan na natureza. En España, os gatos salvaxes están considerados como unha das especies invasoras máis prexudiciais para os animais autóctonos das illas do Mediterráneo. É o caso da pardela mediterránea, que está a piques de desaparecer da illa francesa de Le Levant polo feito do acoso á que a somete a poboación de gatos radicados neste enclave.
Unha investigación liderada pola Universidade de Exeter (Reino Unido) estudou as actitudes dos donos de gatos domésticos (Felis catus) e as diferentes actuacións que se poderían poñer en marcha co fin de preservar a vida silvestre ante o ataque destes animais.
Nunha illa francesa do Mediterráneo o gato está a exterminar á pardela
“Se queremos reducir con éxito o número de mortes causadas por gatos domésticos á fauna silvestre, é necesario priorizar o benestar do gato para estimular os donos a participar”, asegura Jenni McDonald, do Centro de Ecoloxía e Conservación da Universidade de Exeter.
O 23% dos fogares en Reino Unido teñen a este animal como mascota, o que supón unha poboación de máis de dez millóns de gatos domésticos. Os científicos realizaron o traballo de campo en dúas vilas do Reino Unido: Cornualles e Stirling, onde participaron numerosas familias con gato.
As súas conclusións indican que, independentemente de se os donos eran ou non conscientes de que a súa mascota era depredadora, descoñecían cantas presas capturaban de xeito habitual. Ademais, a meirande parte dos donos de gatos non estaba dacordo con que estes animais son prexudiciais para a vida silvestre, e amosáronse en contra de suxestións como manter as súas mascotas dentro de medidas de control. Non obstante, si se manifestaban dispostos a considerar a esterilización que se asocia xeralmente co benestar do gato.
“Os donos de gatos non aceptan que son unha ameaza para a vida silvestre, e se opoñen ás estratexias de xestión a excepción da esterilización. Para solucionar o problema hai que ter en conta as percepcións e opinións dos donos dos gatos”, sinala McDonald.
Os resultados, que se publican na revista Ecology and Evolution, indican que as opcións de xestión para controlar a depredación serán inútiles, pola oposición dos seus donos, a menos que se centren no benestar do gato.
Se queres saber máis, podes consultar
o artigo na revista Ecology and Evolution