A Laguna Colorada, vista dende o espazo

altiplano
Un astronauta a bordo da Estación Espacial Internacional tomou esta fotografía da brillante e colorida Laguna Colorada, nos Andes bolivianos, favorecida pola ausencia de néboa atmosférica na altura de 4.300 metros sobre o nivel do mar en que se encontra a lagoa. A forte cor avermellada débese ás algas que crecen na auga salgada. En ocasións, o lago ten fases verdes debido á proliferación de algas de cores diferentes, que oscilan segundo a salinidade e a temperatura da auga. Ao evaporarse esta polo forte calor do deserto, convértese en solución salina. A lagoa, de 10 quilómetros nos seus extremos máis distantes, foi maior no pasado, e é o centro dunha reserva natural. Volcáns nevados aparecen no centro superior e na parte inferior esquerda da imaxe. Os camiños de acceso en tres lados do lago son utilizados polos turistas para visitar estas paisaxes doutro mundo, segundo explica aNASA nun a súa web Earth Observatory.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Que gañamos aínda que o gran foguete Starship non nos leve a Marte?

Viaxar de Madrid a Tokio en menos de dúas horas non é fantasía e as viaxes espaciais para todos os públicos, tampouco

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural

Como ver a Estación Espacial Internacional dende a túa casa? Aquí podes comprobalo

Unha ferramenta da NASA permitirá saber a súa posición en tempo real, así como recibir avisos do seu próximo avistamento na túa localidade