Sábado 27 Xullo 2024

Como ver a Estación Espacial Internacional dende a túa casa? Aquí podes comprobalo

Unha ferramenta da NASA permitirá saber a súa posición en tempo real, así como recibir avisos do seu próximo avistamento na túa localidade

A NASA lanza unha nova aplicación que está a facer máis fácil para o público avistar a Estación Espacial Internacional (EEI), o fogar da humanidade no espazo, mentres esta sobrevoa a Terra. Esta nova ferramenta para teléfonos móbiles, chamada Spot the Station (Avista a estación, en galego) amplía o acceso a noticias e recursos sobre este laboratorio en microgravidade. A aplicación para celulares xa está dispoñible para descargar en iOS e Android.

Como un avión ou unha estrela fugaz

“Mesmo despois de 23 anos de presenza humana continua a bordo da Estación Espacial Internacional, é incriblemente emocionante vela cando miras cara a arriba no momento xusto”, di Robyn Gatens, directora da EEI na sede da NASA en Washington. E non é para menos, porque cada vez que a estación espacial é visible no ceo, pasa como se fose un avión a moi alta velocidade ou unha estrela fugaz moi chamativa pola súa estela brillante.

Publicidade

Podes ver hoxe de novo a ISS sobre Galicia. Na imaxe, foto tomada en Santiago o 25 de xullo de 2017, coa estación arriba á dereita trazando unha feble liña. Foto: R. Pan.
Foto tomada en Santiago o 25 de xullo de 2017, coa estación arriba á esquerda trazando unha feble liña. Foto: R. Pan.

Desde a Terra podemos avistar a estación espacial porque reflicte a luz do Sol. Aínda que ese é o mesmo motivo polo que podemos ver a Lúa, que si se percibe durante o día, a estación espacial non é o suficientemente brillante como para poder observala nas horas diurnas. Só é posible vela cando amence ou anoitece na localidade do espectador. Isto implica que as oportunidades de avistamento varíen dunha vez ao mes a varias á semana, xa que é necesario que haxa escuridade, ademais de que a estación espacial ten que pasar por encima da túa cabeza. Spot the Station permitirá os usuarios saber cando a EEI está a sobrevoar a súa área e como localizala, ampliando as oportunidades de observala.

A aplicación e o seu lanzamento

A aplicación baséase no sitio web Spot the Station, emprega unha interface de realidade aumentada que facilita aos usuarios situar a estación e ofrece opcións para capturar e compartir imaxes e vídeos dos seus avistamentos en tempo real. Grazas a esta nova función, o compás incorporado na aplicación mostraralle ao espectador onde se atopa a estación espacial, mesmo se está alén do planeta. Ademais a aplicación permite unha opción de rexistro, o que fará que poidas recibir notificacións das próximas oportunidades de avistamento no teléfono móbil en función da túa posición exacta.

Publicidade

A aplicación foi desenvolta polo Programa da Estación Espacial Internacional na Dirección de Misións de Operacións Espaciais da NASA e o Centro de Excelencia para a Innovación Colaborativa, o cal é parte do programa de Premios, Desafíos e Crowdsourcing da Dirección de Misións de Tecnoloxía Espacial da axencia. É unha aplicación que estará en continuo desenvolvemento xa que a NASA continuará actualizando e mellorando en función dos comentarios dos usuarios.

O que podemos ver dende a EEI

Igual de emocionante é ver a estación espacial desde a Terra cando sobrevoa as nosas cabezas, como ver as imaxes da Terra que se toman dende ela. A nave que deixa imaxes tan espectaculares como estas, permite o avance do coñecemento científico nas ciencias da Terra, do espazo, físicas e biolóxicas para o beneficio dos habitantes do noso planeta. É por iso que o lanzamento da aplicación, que coincide co vixésimo quinto aniversario das operacións da EEI, ten tanto interese para o público.

Unha ferramenta que permitirá a ubicación en tempo real da nave, así como recibir avisos do seu próximo avistamento na lúa localidade
Cabo Prior, unha imaxe tomada pola EEI no ano 2007 Foto: NASA.

A aplicación tamén permite ver o tempo que tardará en regresar a estación á túa localización para poder volver vela, ademais da posición da mesma na órbita da Terra en tempo real, o que permite saber onde está en todo momento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A visualización da NASA que alerta do quecemento global: “O peor está por chegar”

A axencia espacial estadounidense advirte que a última década foi a máis cálida dende que hai rexistros

Cantos meteoritos impactaron contra a Terra? Descúbreo neste mapa interactivo

A ferramenta da NASA recompila a información recollida polos seus sensores dende 1988 e actualízase periodicamente

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial