David Fontán e André Vicente gañan o II Premio Universitario 'La Caixa'

Dous alumnos da Universidade de Santiago, David Fontán e André Vicente, son os gañadores da segunda edición do Premio Universitario “La Caixa” de Comunicación Científica Contar a Ciencia, que convoca GCiencia coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades, polo seu traballo titulado ‘Algas no agro galego: saber popular e ciencia por un futuro sostible’.
Fontán, estudante de Xornalismo, e Vicente, de Bioloxía, fixeron un magnífico traballo que inclúe texto, fotografías e audiovisuais. O xurado valora a calidade xornalística dos textos, a achega dos vídeos, a diversidade de fontes e perspectivas, o interese da temática e o conxunto dunha reportaxe merecedora do primeiro premio nesta segunda edición do certame.
Un accesit premio recaeu en Andrea Oca, de Ciencias da Comunicación da USC, pola súa reportaxe: “Cara a cara co monstro: a calor loita coa anorexia’. A súa redacción áxil e eficaz, a oportunidade do tema e o tratamento científico da reportaxe foron elementos moi tidos en conta polo xurado.
O segundo accesit vai para a Universidade de Vigo, coa reportaxe de Sara Varela e Miguel Grandío “Obxectivo: deter o Alzhéimer”. Trátase dunha reportaxe audiovisual na que, dende unha nova perspectiva, se analizan os avances no diagnóstico desta doenza. O xurado valora a achega xornalística, a vontade de estilo e a orixinalidade de enfoque desta peza.
Desta volta, non é un tópico que as deliberacións do xurado non foron doadas, pola calidade das 16 reportaxes finalistas do premio ‘Contar a Ciencia’. Boa parte delas merecerían unha mención especial, pola singular valía destes traballos.
O xurado do premio, que convoca GCiencia xunto coa fundación ‘la Caixa‘, estivo integrado por representantes das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, da delegación territorial en Galicia do CSIC, da Secretaría Xeral de Universidades de a Xunta, da Real Academia Galega de Ciencias e dun representante de Gciencia e de ‘La Caixa’.
As reportaxes finalistas da segunda edición do premio foron: Alberto Paz Calo (UVigo),; Carlos Rey (USC); Paula Santos Barbeito (UDC); Raquel Pérez (USC); Alejandro Gándara (USC); Sabela González (USC); Pablo Vázquez Varela (UVigo); Alba María Rego (UVigo); Umá de Oliveira (UVigo); Yasgo Rodríguez (UVigo); Xiana Meda (USC); Ángeles Precedo (USC); e Yago Grela Ojea (USC).
Divulgar a investigación que se fai nas universidades galegas, promover o xornalismo científico e animar ós estudantes universitarios a coñecer a ciencia nos seus campus é o obxectivo do Premio Universitario “La Caixa” de Comunicación Científica, convocado por La Caixa e GCiencia, o portal da Ciencia en Galicia.
O certame conta coa participación das tres universidades galegas -A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo- e está dirixido a estudantes das facultades de Xornalismo e Comunicación para que, a través de reportaxes escritas ou audiovisuais, ou mediante a combinación de ambas as dúas modalidades, investiguen e conten a ciencia que se fai nos seus campus. GCiencia publicou as mellores reportaxes escritas ou audiovisuais enviadas polos participantes entre o 8 maio e o 6 de xuño .
O gañador do certame levará un premio de 400 euros e unha tablet de fabricación galega, da firma ‘Primux Tech‘, toda unha declaración sobre o pulo das empresas de base tecnolóxica en Galicia. O dous accésits recibirán 100 euros e unha tablet cada un. Os 13 finalistas recibirán un diploma acreditativo.
GCiencia éo portal da ciencia galega. Cun extraordinario crecemento en público e contidos desde a súa creación en 2013, é actualmente o 8º medio de comunicación de Galicia en audiencia en Internet e o primeiro entre os dixitais nativos, segundo o ránking Alexa, o estándar máis fiable sobre tráfico en Internet.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC detecta a presenza dunha alga invasora nas rías da Coruña e Vigo

O persoal investigador de BioCost e BioAplic identificou en Galicia á 'Rugulopteryx okamurae', unha especie que xa está a causar problemas no sur da península

O CSIC localiza na provincia da Coruña 180 posibles sitios arqueolóxicos

Grazas ás tarefas do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), estes achados serán incluídos eventualmente no inventario arqueolóxico de Galicia

Os cinco novos Soles Repsol cos que A Coruña amosa a calidade da súa gastronomía

Hotel-restaurante Balarés, Eclectic, Simpar, Terreo Cocina Casual e O fragón son os establecementos recoñecidos

Descuberta unha nova planta invasora no encoro coruñés de Cecebre

A planta acuática Crassula helmsii, orixinaria de Australia e Nova Zelandia, adóitase utilizar para decorar e osixenar estanques e acuarios