Sábado 20 Abril 2024

Os bebés bilingües teñen máis capacidade mental

Numerosos estudos revelan que os cerebros das persoas adultas bilingües presentan un conxunto de capacidades mentais relacionadas coa función executiva entre as que se inclúen a memoria operativa, resolución de problemas, toma de decisións ou o control da conduta. Un novo estudo desenvolto pola Universidade de Washington, revela que estas diferenzas existentes entre os cerebros das persoas bilingües e non bilingües aparecen xa cando os bebés están a piques de pronunciar as súas primeiras palabras, aproximadamente ós once meses de idade. O que suxire que o bilingüismo non só contribúe no desenvolvemento da linguaxe, senón no desenvolvemento cognitivo xeral.

Os investigadores, mediron a actividades cerebral de 16 bebés de 11 meses dos que a metade vivía en familias de fala inglesa e os oito restantes en familias onde se combinaban inglés e español. Mediante a técnica da magnetoencefaloxía (MEG), sentaron ós bebés baixo un escáner e os fixeron escoitar durante 18 minutos sílabas neutras e sons específicos de cada unha das linguas ou sons que comparten ambas.

Publicidade

Cos resultados das respostas cerebrais dos nenos monolingües e bilingües na man, observouse que as cortizas prefrontal e orbifrontal asociadas coa función executiva, presentaban diferenzas notables entra ambos grupos. Ademais, comprobouse que os nenos pertencentes a familias bilingües tiñan unha maior capacidade para aprender idiomas novos. Os bebés monolingües, polo contrario, ós once meses xa non distinguen sons de idiomas estranxeiros, cando ós seis meses os diferenciaban sen problema. Estes resultados concordan cos estudos realizados a adultos nas mesmas condicións.

«Ao parecer, os bebés que se crían escoitando dous idiomas permanecen “abertos” aos sons doutras linguas por máis tempo que os seus compañeiros monolingües», afirma Patricia Kuhl, coautora da investigación.

A explicación que os expertos lle dan a este resultado é que as persoas bilingües necesitan alternar constantemente dous linguas, o que lles permite practicar e mellorar as súas capacidades executivas de forma rutineira.

«Os nosos resultados non só apoian o suposto de que os nenos moi pequenos son capaces de aprender varios idiomas, senón tamén que a nenez temperá é o momento óptimo para que se inicien nesa aprendizaxe, conclúe Naja Ferjan Ramírez, autora principal do estudo.

Máis información
neste artigo de Developmental Science 

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A credibilidade na ciencia é menor entre a mocidade que entre o público adulto

Só o 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos cre que as disciplinas científicas buscan a verdade, fronte ao 90,2% da poboación maior de 65 anos

h

Un equipo galego revisa a literatura científica sobre estes eventos dende comezos do século XX ata a data

As embarazadas transfiren anticorpos que protexen durante uns meses ao bebé de covid-19

Investigadores españois demostran que a protección diminúe de forma progresiva nos primeiros seis meses de vida

O risco de morrer nun hospital por causas respiratorias é maior no verán que no inverno

A máxima incidencia de mortalidade hospitalaria por afeccións pulmonares produciuse entre xuño e setembro debido ás altas temperaturas