Amtega crea unha nova aplicación para os seus cursos de novas tecnoloxías

O Centro Demostrador TIC (CDTIC), promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), é unha iniciativa que promove a transformación dixital das PEMES de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. O Centro actúa como punto punto de encontro entre a oferta do sector TIC e a demanda o resto dos sectores empresariais galegos.

A última achega de Amtega consiste nunha renovación da presenza na rede no CDTIC mediante a creación dun novo portal, cdtic.xunta.gal, e unha aplicación que facilitarán a consulta, inscrición e seguimento das actividades do centro para empresas e usuarios.

Publicidade

O obxectivo da App é permitir aos usuarios do centro consultar a axenda de actividades, incorporalas ao seu calendario persoal, inscribirse nelas e compartir contidos a través das redes sociais. Ademais, as persoas usuarias poderán visualizar nos seus dispositivos móbiles aquelas actividades transmitidas por streaming.

Outra das funcionalidades da App é que permitirá unha maior interacción durante a celebración dos seminarios, facilitando o intercambio e recompilación de datos e opinións en tempo real entre asistentes e formadores ou poñentes.

Publicidade

A aplicación xa está dispoñible na Play Store de Android e na Apple Store buscando o epígrafe “CdTIC”.

As renovacións facilitarán a consulta, inscrición e seguimento das actividades do centro para empresas e usuarios

Entre as principais novidades de cdtic.xunta.gal destaca un novo deseño máis visual e interactivo, así como unha optimización da súa usabilidade nos distintos dispositivos e formatos de pantalla. O novo portal prioriza o contido audiovisual do CDTIC, con novas seccións como “En diferido” onde se poderán visualizar de novo os seminarios celebrados no centro, ou “Experiencias TIC” onde directivos ou xerentes de empresas comparten de primeira man a súa experiencia no uso tecnoloxía.

Os diversos contidos e servizos da web aparecen agrupados segundo o colectivo ao que vai dirixido, profesionais e empresas ou empresas TIC, facilitando deste xeito un acceso rápido e personalizado aos mesmos.

No Espazo Privado para Profesionais e Empresas, os usuarios do Centro poderán inscribirse nas próximas actividades do centro, levar un histórico das actividades nas que teña participado, descargar a documentación e material divulgativo, así como, probar e analizar aplicacións empresariais libres na nube a través do CDTIC Virtual.

Pola súa banda, no Espazo Privado para o Empresas TIC, os provedores tecnolóxicos poderán xestionar a información da súa empresa no MapaTIC.gal; facer unha reserva para presentar as súas solucións tecnolóxicas no CDTIC; seguir as inscricións nas súas actividades, así como obter un informe personalizado no que se recolle o perfil dos asistentes e unha valoración dos seus produtos e servizos.

O obxectivo principal do CDTIC é amosar e demostrar ás empresas e profesionais os beneficios que as TIC poden ofrecer ao seu negocio. Para conseguilo o CDTIC ofrece ao sector TIC galego as súas instalacións e recursos para que poidan poñer en valor os seus produtos, servizos.

As actuacións do centro enmárcanse nas medidas da Axenda Dixital de Galicia 2020 para impulsar a dixitalización empresarial na comunidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla