A Estación Espacial Internacional sobre a Terra

Créditos da imaxe: tripulación STS-132, tripulación da expedición 23, NASA.
Créditos da imaxe: tripulación STS-132, tripulación da expedición 23, NASA.

Explicación: a Estación Espacial Internacional é o obxecto máis grande nunca antes construído pola humanidade no espazo. O perímetro da estación esténdese máis ou menos a área dun campo de fútbol, aínda que só unha fracción pequena dela está composta de módulos habitables por humanos. A estación é tan grande que non podería ser lanzada toda de vez; continúa a ser construída por anacos. Para funcionar, a ISS necesita enormes bastidores, algúns duns 15 metros de longo e con masas duns 10.000 quilogramos, para mantela ríxida e para dirixir a electricidade e os refrixerantes líquidos. Na imaxe superior, a inmensa estación espacial foi fotografada desde o xa xubilado transbordador espacial Atlantis despois dunha estadía dunha semana en 2010. Da parte superior da imaxe pendura unha brillante Terra azul, en forte contraste coa escuridade do espazo interestelar atravesando o fondo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As moléculas precursoras da vida na Terra teñen orixe extraterrestre? Así o estuda a USC

Un equipo do CiQUS desenvolve un programa capaz de buscar automaticamente os mecanismos de reacción e aplicalo á química interestelar

Que gañamos aínda que o gran foguete Starship non nos leve a Marte?

Viaxar de Madrid a Tokio en menos de dúas horas non é fantasía e as viaxes espaciais para todos os públicos, tampouco

A Terra terá unha minilúa os próximos dous meses

Dende o 29 de setembro ata o 25 de novembro, a gravidade do planeta capturará o pequeno asteroide 2024 PT5

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural