Onde se ve o mellor solpor dende o teu concello? Compróbao neste mapa interactivo

A aplicación Sunset Atlas calcula a visibilidade do horizonte nun punto exacto a través de datos do relevo e da vexetación

Se che gusta coleccionar solpores, o mapa interactivo Sunset Atlas axúdache a buscar o mellor lugar para ver como o sol se oculta no horizonte. Esta ferramenta gratuíta emprega datos públicos de organismos como Copernicus, OpenStreetMap e a Oficina Nacional de Administración Oceánica e Atmosférica (NOAA) dos Estados Unidos. O sistema calcula a visibilidade do horizonte nun punto exacto a través do relevo do terreo e da vexetación na dirección do solpor. A modo de orientación, cando o usuario pincha nun lugar concreto do mapa, obtén unha puntación da visibilidade do 0 ao 100. As cores tamén axudan na elección do sitio idóneo: cando máis frías, peor se verá; cando máis quentes, mellor.

Outra das opcións máis interesantes do mapa é que, a partir das coordenadas ou da dirección seleccionada, a ferramenta busca automaticamente os cinco mellores sitios para ver o solpor. Ademais, o usuario pode modificar o radio de busca, a distancia entre os puntos, o número de lugares recomendados e escoller tres variables relacionadas coa accesibilidade: se está preto dunha estrada, dun camiño ou dun aparcamento. Por exemplo, ao introducir “Muxía” no buscador, e cos parámetros previamente establecidos pola aplicación, estes son os sitios que recomenda Sunset Atlas. E todos eles con puntuacións por enriba dos 90 puntos:

Publicidade

Captura de pantalla da aplicación Sunset Atlas onde aparecen os cinco mellores sitios dende os que ver o solpor se estás en Muxía ou arredores.

Outra das funcionalidades máis útiles é a de escoller a data na que ver o solpor. Así, a aplicación pode facer recomendacións máis axeitadas en función do lugar no que vai poñer o astro. Ademais disto, o tempo que vaia ese día pode influír decisivamente sobre a visibilidade, por iso Sunset Atlas ofrece a opción “Clouds” no panel superior dereito, que superpón unha capa no mapa para ver en que lugares vai haber máis nubes. A aplicación está dispoñible en iOS e Android.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha eclipse e o último solpor: a Costa da Morte vivirá un espectáculo astronómico único en Europa

O proxecto Atlantic Sunset sitúa Galicia entre os mellores enclaves do continente para a observación do fenómeno cunha magnitude de totalidade próxima ao 99%

Por que as tardes comezan a alongarse antes do solsticio de inverno?

A partir do 8 de decembro, a combinación da inclinación do eixo terrestre e da órbita irregular da Terra fai que os días comecen a medrar

Como ver dende Galicia o novo cometa que cruzará o ceo esta semana

O corpo celeste ATLAS C/2024 S1 será visible ata o día 21 de xaneiro á altura da constelación de Capricornio

O solpor unirá a Fisterra coa localidade xaponesa de Nachikatsuura o 23 de xullo

O municipio galego acollerá un acto de reunión entre territorios, que visualizarán ao mesmo tempo o solpor e o amencer desas partes do mundo nunha videoconferencia conxunta