Unha onda sísmica percorreu todo o planeta, e ninguén sabe por que

Científicos de medio mundo seguen sen poder explicar unha estraña serie de movementos sísmicos que afectaron ao planeta o día 11 de novembro, e que foi recollido por sismógrafos de todo o mundo. Ata en Hawai, a 18.000 quilómetros de onde pareceu acontecer o episodio, preto do arquipélago de Mayotte, ao oeste de Madagascar, no Océano Índico.

Creo que nunca vin nada coma isto“, declarou a National Geographic o sismólologo Göran Ekström, da universidade de Columbia, acerca do episodio do mes pasado. Esta situación veu precedida, seis meses antes, dunha especie de enxame sísmico na mesma zona: centos de movementos a 50 quilómetros da costa este de Mayotte.

A mediados de maio, unha serie de terremotos que chegaron a acadar unha magnitude de 5,8 o día 15, foi o máis forte nunca rexistrado na zona. Porén, os enxames sísmicos, como os de menor magnitude acontecidos en Galicia este ano, non son necesariamente indicadores dunha situación perigosa. Investigadores da École normale supérieure de París suxiren que podería gardar relación coa actividade volcánica na zona, xa que estas illas de Mayotte teñen a súa orixe en erupcións.

A onda sísmica de novembro

E hai menos de tres semanas, aconteceu algo ben estraño: unha vibración estraña e longa que zuniu durante bastante tempo, sen os picos característicos dos habituais terremotos. Foi unha “sinal atípica de moi baixa frecuencia”, segundo o Bureau de Recherches Géologiques (BRGM) de Francia. Unha onda sísmica que se repetía cada 17 segundos, cunha duración duns 20 minutos en total.

“Hai moitas cousas que non sabemos, porque é algo bastante novo nas sinais das nosas estacións”, dixo a National Geographic o investigador Nicolas Taillefer, do BRGM. O misterio segue, pero xa hai hipóteses para intentar explicar o que aconteceu: fálase dun posible gran movemento de magma no Océano Pacífico.

Mayotte estase movendo

Esta idea refórzase con outros datos recollidos polos investigadores grazas ao GPS. Desde xullo, cando o enxame sísmico xa comezara, a illa moveuse seis centímetros cara ao leste e tres centímetros cara ao sur. Isto pode deberse aos posibles movementos de magma, aínda que ata o de agora non se puido confirmar.

“As observacións respaldan a hipótese de que hai unha combinación de efectos tectónicos e volcánicos, pero haberá que confirmala con posibles estudos”, declaran desde o BRGM.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A falta de estacións sísmicas impide detectar máis terremotos na costa de Galicia

Un equipo da Universidad de Oviedo publicou un traballo que aborda o papel da falla Cantábrica nos sismos fronte a cabo Ortegal

Proxecto Castor: así se producen os terremotos inducidos polo home

Os sismos adoitan estar asociados a procesos naturais, mais tamén poden ter unha orixe artificial e ser provocados pola actividade humana

Os termos que a erupción de La Palma saca á superficie

Estamos oíndo e lendo unha chea de expresións relacionadas con vulcanoloxía coas que tivemos que familiarizarnos a fume de carozo

“En Galicia non hai volcáns, pero tampouco é una zona estable”

O xeógrafo Pérez Alberti sinala que La Palma é una illa en crecemento que seguirá medrando cara o sur