Os concellos de Galicia con máis vacas ca persoas xa son 64

Hai agora un ano, GCiencia publicaba a lista dos 63 concellos galegos nos que vivían máis vacas ca persoas. Os datos, obtidos ao cruzar o padrón municipal de habitantes co SITRAN (Sistema Integrado de Trazabilidade Animal), elaborado pola Consellería do Medio Rural, e que recolle o IGE, poñía de manifesto a importancia do sector vacún no país. Aínda que a cifra de cabezas bovinas se reduciu nos últimos tres decenios, o descenso poboacional de Galicia, sobre todo nas zonas rurais, provocou que se mantivera esta situación.

Concellos con máis dunha vaca por persoa

Varias comarcas gandeiras, como Ordes, Arzúa, Melide, Xallas, Terra Chá, Lugo, A Ulloa ou Deza, acumulan gran parte destes 64 municipios. A novidade, respecto ao ano pasado, é a presenza do municipio de Castro Caldelas, en Ourense, debido á perda de habitantes humanos e a unha tendencia máis positiva en canto aos veciños vacúns. Deste xeito, os concellos galegos nos que a comezos de 2017 había máis vacas ca persoas son:

Publicidade

– A Coruña (18 concellos): A Capela, Arzúa, Aranga, Boimorto, Curtis, Dumbría, Irixoa, Mazaricos, Mesía, Monfero, Santa Comba, Santiso, Sobrado, Toques, Tordoia, Touro, Trazo e Vilasantar.

– Lugo (38 concellos): A Fonsagrada, A Pastoriza, Antas de Ulla, As Nogais, Abadín, Baleira, Baralla, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Meira, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, O Corgo, O Incio, O Páramo, O Saviñao, O Valadouro, Ourol, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Taboada, Trabada, Triacastela e Xermade.

Publicidade

– Ourense (5 concellos): A Veiga, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Montederramo e San Xoán de Río.

– Pontevedra (3 concellos): Agolada, Dozón e Rodeiro.

Entre os municipios cunha proporción maior de cabezas de vaca, Muras supera con estes novos datos os 5 bóvidos por habitante (5,02, o que vén sendo 648 habitantes e 3.254 vacas) mentres que noutros 11 municipios a relación vacas-humanos é de máis de 3 a 1. Son A Pastoriza (4,67), Montederramo (3,98), Pol (3,97), Paradela (3,94), Triacastela (3,92), Frades (3,76), Rodeiro (3,39), O Páramo (3,33), Dozón (3,18), Mazaricos (3,13) e Portomarín (3,01)

Concellos a piques de entrar

O caso de Castro Caldelas é un novo exemplo do despoboamento humano en lugares nos que aínda se mantén, con todo, un certo pulo do sector gandeiro. Hai cinco municipios nos que a proporción está moi preto do 1 a 1, polo que a perda de poboación pode facer o resto nos vindeiros anos. Así, Becerreá (2.810 vacas e 2.856 habitantes), As Somozas (1.109 e 1.128), Barreiros (2.831 e 2.948), Chantada (7.966 e 8.371) e A Mezquita (972 e 1.034), poderían engadirse pronto á lista.

Concellos con máis de 5.000 vacas

As comarcas gandeiras representan, do mesmo xeito, a maior parte dos municipios con maior número de vacas, sen ter en conta a súa poboación. Lalín, A Pastoriza, Mazaricos, Sarria, Castro de Rei, Santa Comba, Vilalba e Friol superan as 10.000 cabezas de bovino.

Pola outra banda, hai algúns municipios nos que non está censada ningunha cabeza de vacún. É o caso de Beade, A Arnoia, Pontedeva, Ribadavia, Oímbra, Larouco, Mondariz-Balneario e A Illa de Arousa. E en Leiro, Cenlle, Catoira, Poio e Marín hai só unha vaca censada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona