Non… A lúa chea non inflúe nos partos

Varios macroestudos en Estados Unidos e Galicia desmentiron unha crenza popular que non ten base científica ningunha

Non, a Lúa non inflúe nos partos. Que ‘cambie a Lúa’, que sexa chea ou que entre en fase crecente non ten influencia ningunha no momento no que unha muller dá a luz, malia que a lenda urbana así o sosteña. Sucesivos estudos desmontan esta crenza, o máis importante deles o que analizou 564.039 partos nos Estados Unidos ao longo de 62 ciclos lunares consecutivos.

Os investigadores do Mountain Area Health Education Center de Asheville (Carolina do Norte) publicaron os resultados no 2005 na revista The American Journal of Obstetrics and Gynecology e non atoparon que o número de partos nin as complicacións nos mesmos tivesen a máis mínima relación coas fases lunares. “Unha análise de cinco anos de datos no amosou ningunha influencia do ciclo lunar nos partos. Como era de esperar, este mito dominante non está baseado na evidencia”, concluían os autores.

Publicidade

Pero neste tipo de estudos, Galicia ocupa un lugar destacado, porque investigadores da Universidade de Vigo e do Sergas publicaron no ano 2003 un estudo demoledor analizando 45.000 nacementos que tiveron lugar en hospitais galegos durante 45 ciclos lunares. E, por suposto, non atoparon nin rastro dunha posible influencia da Lúa chea, crecente, menguante ou nova.

Tampouco hai diferenzas no sexo dos bebés. E sabemos que a única influencia clara da Lúa na Terra está relacionada coas mareas, aínda que tamén exista a falsa crenza de que inflúe na agricultura. Malia a crenza popular, ningún estudo científico comprobou xamais que as fases lunares teñan consecuencia ningunha na sembra ou na colleita de determinados cultivos.

Publicidade

A única curiosidade destes macroestudos sobre os partos, tanto no realizado nos Estados Unidos como en Galicia, radica en que o momento no que máis partos se producen son os luns entre as 8 e as 9 de mañá. E que hai poucos partos pola noite ou nas fins de semana. Resulta sorprendente? Pois, tampouco. Porque a explicación radica en que cada vez hai menos partos espontáneos.

Nas estatísticas dos Estados Unidos, un 32% dos partos son por cesárea e un 18%, inducidos. Así que é lóxico que a maioría queden rexistrados en días e en horario laboral, para axustalos ao traballo dos profesionais sanitarios.

Aquí podes consultar o macroestudo dos Estados Unidos

E aquí o macroestudo en Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro