Google Art Selfie: A que obras de arte se parecen os famosos galegos?

Poucas barreiras lle quedan por derrubar a Google, pero con Art Selfie dá un paso máis nas experiencias personalizadas que ofrece aos usuarios. Mediante técnicas de recoñecemento facial, o xigante da rede busca o parecido entre un o autorretrato e un amplo catálogo de rostros tirados de obras de arte de todo o mundo.

Os parecidos varían en función do xesto, a luz e a orientación que fagamos dos autorretratos. Ademais, a ferramenta ofrece diversos resultados de semellanza, ordenando as porcentaxes de coincidencia de maior a menor, para que escollamos a que prefiramos.

Publicidade

E así, aproveitando a ferramenta, decidimos experimentar e comparar as facianas de persoeiros famosos galegos con algunhas obras de arte. E estes son os resultados. Hainos para todos os gustos:

Rosalía de Castro

Entre outras coincidencias, a escritora garda semellanza nun 68% co retrato da intérprete Suzanne Bloch realizado por Pablo Picasso, e que se pode ver no Museu de Arte de Sao Paulo Assis Chateaubriand.

Publicidade

Rosalía de Castro e Suzanne Bloch.
Rosalía de Castro e Suzanne Bloch.

Castelao

O intelectual de Rianxo ten un 77% de parecido co autorretrato do pintor coreano Han Rak-Yeon.

castelao ok

Alberto Núñez Feijoo

O presidente da Xunta garda un certo parecido cunha figura que aparece nun gravado do artista alemán Martin Engelbrecht, e que se pode visitar no Rijksmuseum de Amsterdam. A aplicación outorga un 75% de coincidencia entre ambos retratos.

arte feijoo port

Xosé Ramón Gayoso

O presentador do Luar ten un 79% de semellanza co que foi 2º presidente da historia dos Estados Unidos, John Adams, segundo un retrato que se conserva no Museo de Belas Artes de Houston.

gayoso john adams

Ana Pastor

A presidenta do Congreso dos Deputados garda un 77% de parecido con Elsie Rutgers Schuyler, a filla dun próspero comerciante que viviu no que hoxe son os Estados Unidos no século XVII. A obra consérvase no Albany Institute of History & Art, en Nova York.

ana pastor ok

Iago Aspas

O futbolista do Celta parécese, segundo a ‘app’, nun 70% a Yusuf Ali Khan, un príncipe indio retratado en 1931 por Amrita Sher-Gil. O cadro pode verse na National Gallery of Modern Art de Nova Dehli.

aspas ok

Amancio Ortega

O fundador de Inditex, segundo Google, parécese a Gerald Rudolph Ford, e non só na súa fortuna. A aplicación amosa un 62% de semellanza co retrato do magnate estadounidense feito por Everett Raymond Kinstler, e que se atopa na colección da Casa Blanca.

amancio

Podes descargar a ‘app’ para Android ou iOS e buscar o teu propio parecido nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova app de ciencia cidadá facilitará a detección temperá de incendios en Galicia

A Xunta ten previsto o seu lanzamento en xullo e estará integrada cos sistemas de alerta existentes e coa rede de vixilancia con intelixencia artificial

O manuscrito no que Castelao descoñece a súa elección como membro da RAG

A institución publica en formato dixital documentos vinculados ao ingreso do escritor galego o 25 de xullo de 1934

Así soa a voz orixinal de Castelao

O Consello da Cultura Galega vén de compartir unha nova dixitalización do discurso que ofreceu o autor nunha estrea da súa obra de teatro

A hostalaría galega recupera os horarios habituais por primeira vez dende a pandemia

Despois de dous anos de restricións na hora de peche, o ocio nocturno en Galicia volve á normalidade