Un feto de 28 semanas momificado hai 2.100 anos

Parecía ser unha momia dun paxaro, pero os arqueólogos que estudaban unha momia de 2.100 anos do antigo Exipto levaron unha boa sorpresa cando analizaron o seu interior. Os motivos decorativos do exterior amosaban un falcón dourado, ademais de xeroglíficos que mencionaban a Horus, o deus con cabeza de falcón, e o tamaño da caixa era compatible con que gardara dentro unha ave. Porén, un TAC que se lle realizou á momia revelou algo inesperado. Alí había un feto humano de 28 semanas cunha severa malformación.

A momia conservouse durante anos no museo Maidstone de Kent, no Reino Unido, e crese que pertence ao período da dinastía tolemaica. No 2016, ao realizar un TAC noutra nas momias do museo, decidiuse tamén estudar a peza que parecía corresponder a un paxaro. Posteriores análises, nas que participou o investigador Andrew Nelson, da Western University de Canadá, confirmaron o achado.

Publicidade

Os resultados da investigación acaban de ser presentados nun congreso internacional sobre momias que se celebrou hai uns días en Tenerife.

Malformacións do feto

O feto amosaba graves malformacións, segundo se puido comprobar. Aínda que os pés e as mans estaban ben formados, había outros danos case incompatibles coa vida: “A parte superior da cabeza estaba aínda sen formar, os arcos das vértebras aínda non se cerraran e tiña os ósos das orellas na parte traseira da cabeza”, explica Andrew Nelson. O investigador engade que, nestas circunstancias, “a parte superior do cranio nunca se acabaría formando e, probablemente, carecía de parte do cerebro”.

Publicidade

Deste xeito, segundo sinalan desde a Western University, trataríase da segunda momia anencefálica, despois de que describira outra no ano 1826. O estudo deste feto achegou datos importantes sobre a dieta materna da momia e abre tamén novas cuestións sobre os rituais de momificación: crese que os antigos exipcios atribuían aos fetos poder como talismáns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do túmulo neolítico de Chousa Vella á foxa medieval de Fontenla: un proxecto afina o pasado arqueolóxico de Galicia

Unha investigación da Xunta de Galicia e o Incipit analiza 33 mostras para determinar a súa antigüidade a través da proba do carbono 14

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

Achados os restos dun individuo perinatal no xacemento do Castelo de Valencia do Sil en Valdeorras

Os ósos indican unha idade estimada de falecemento entre 36 e 38 semanas de xestación, un descubrimento estraño no contexto tardorromano

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento