Demostran que hai relación entre a dermatite e factores ambientais

A dermatite atópica é unha enfermidade cutánea con gran incidencia na poboación infantil e adolescente. A aparición desta doenza está relacionada con factores xenéticos e ambientais. Nas últimas décadas, detectouse un incremento da aparición de dermatite relacionado, en gran medida, con factores ambientais como a adopción dun estilo de vida occidental e a urbanización da sociedade. A tese doutoral de Beatriz Aranegui Arteaga investiga os síntomas da dermatite atópica na área de Pontevedra. Para levar a cabo a análise, realizou un total de 3.064 cuestionarios en dous ámbitos, o grupo infantil con idades entre os 6-7 anos e o grupo adolescente con idades entre os 13-14 anos. Do total de cuestionarios realizados, obtivéronse 2.386 resultados válidos. 

A investigadora Beatriz Aranegui. Imaxe: USC.
A investigadora Beatriz Aranegui. Imaxe: USC.

Os cuestionarios preguntaban sobre síntomas de asma, rinite e dermatite, e posibles factores asociados a estas patoloxías. No grupo de idade infantil, detectouse unha presenza de dermatite do 7’4% e do 3’9% no grupo adolescente. A gravidade da enfermidade, medida en espertares polas noites, foi do 1’2% no grupo de idade 6-7 anos e do 0’8% no caso do grupo de 13-14 anos.

Publicidade

No sector infantil, a investigación asocia unha maior presenza desta doenza atópica no caso de antecedentes familiares na nai ou no pai, e no caso de antecedente materno de rinoconxuntivite alérxica. Nesta idade, detéctase unha maior gravidade da enfermidade nos casos de antecedentes de dermatite atópica ou rinite no pai ou nos fogares nos que o pequenos conviviron cun gato durante o primeiro ano de vida. Ademais, tamén se descobre que a gravidade da dermatite está asociada a un consumo frecuente, de ao menos unha vez ao mes, de paracetamol no último ano.

A gravidade da enfermidade mídese en espertares polas noites

No caso de adolescentes, atoparon unha relación entre a prevalencia da doenza e diferentes factores como “o índice de masa corporal elevado, o nivel universitario de estudos maternos como reflexo do nivel socioeconómico familiar, o consumo frecuente de paracetamol e a ubicación da vivenda próxima a unha estrada con tráfico de vehículos pesados”, explica a doutora Aranegui Arteaga. Neste grupo de idade, detéctase unha maior gravidade da enfermidade nos casos de antecedente materno de dermatite e de rinite. Nestas idades, tamén está asociada a gravidade da patoloxía co consumo frecuente de paracetamol.

Publicidade

O estudo conclúe que a presenza da dermatite e da dermatite grave na área de Pontevedra foi lixeiramente superior á media doutras cidades españolas no grupo infantil e lixeiramente menor no grupo adolescente.

1 comentario

  1. Mi hija tuvo dermatitis atópica a los 7 años; descubrí que era lo que le afectaba gracias a un Reumatólogo, el Dr. Ferreiros Seoane; quien me explicó lo que era.
    Me dijo, que era una reacción alérgica a algo, y que el organismo reaccionaba así; pero lo importante era dar con lo que era.
    Como mi hija tomaba mucha leche, empecé por retirarsela; efectivamente, a la semana no tenía nada; probé a dársela otra vez, y empezó de nuevo con la dermatitis, hasta que le retire todo y hoy tiene 32 años, y no volvió a padecer de eso.
    Un saludo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía