Cangas, Muxía, Sarria… Este mapa mostra as inscricións que deixaron os romanos en Galicia

A cidade de Lugo, bautizada como Lucus Augusti, é a que acumula un maior número de voces latinas, con 154 epígrafes

Hai aproximadamente 1.500 anos, os romanos deixaban a actual Galicia trala caída do seu imperio. A súa fuxida deixou en, por aquel entón Gallaecia, un tesouro que perduraría ao longo dos séculos: inscricións latinas. Así o quixo demostrar a Universidade de Zúrich a través da publicación do mapa interactivo Imperium Romanum. Con datos baseados na ferramenta Clauss-Slaby, os usuarios poden consultar onde se acharon estes rótulos, sobre que soporte e que mensaxe transmiten.

Ningunha das provincias se lamenta pola ausencia de epígrafes latinos. A través do mapa e grazas aos puntos vermellos que declaran a presenza de inscricións, pódese concluír que todas as provincias galegas teñen numerosas localizacións que preservan estes recordos do pasado.

Publicidade

As grandes cidades galegas como Lugo, Ourense, A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela contan con numerosas pezas que fan aínda máis evidente a presenza dos romanos en territorio galego. Por outro lado, tamén se atopan exemplares en vilas máis pequenas como Taboaleda (Ourense), Cangas do Morrazo (Pontevedra), Muxía (A Coruña) e Sarria (Lugo).

Lucus Augusti, a capital das inscricións

Lugo, bautizada polos romanos como Lucus Augusti, converteuse na capital da provincia de Gallaecia despois das guerras cántabras. A relevancia que tiña como centro administrativo e militar é visible a través do número de inscricións que nela residen. Son 154 as anotacións latinas que decoran a cidade, sobre o lapis como soporte. Con inscricións que versan dende Dis Manibus sacrum (“Dar as mans santas”) ata Fundamenta (“Cimentos”), aínda non están completamente claras moitas das palabras.

Publicidade

Noutra das principais cidades de Galicia, como Vigo (Vicus na etapa romana), atopáronse 46 inscricións con disparidade de frases escritas, mais Dis Manibus sacrum semellaba ser a máis rotulada con diferenza. Mentres, a capital de provincia, Pontevedra, conta con 18 inscricións no seus límites.

Trasladándonos a Ourense (Aurium), a presenza de voces romanas chega a 33 inscricións. Rev(eve) Anabaraego atópase 10 veces na cidade, cuxo significado facía referencia ás augas termais de Ourense e ao deus indíxena Revve Anabaraego. Cara ao norte, na Coruña, unha variedade de oracións esténdese ao longo da cidade nas 44 inscricións atopadas na romana Brigantium.

Segredos ocultos

Non só as grandes cidades de Galicia contan coa presenza destes letreiros romanos. Incluso hai algunhas localizacións que contan cun gran número de pezas históricas que ninguén esperaría. Unha destas vilas que sorprende é a costeira Cangas do Morrazo, na provincia de Pontevedra. No seu interior, acháronse 140 inscricións romanas da época do imperio. O texto máis empregado nas pedras versa: Deo Lari Breo Aram Posvi, que invoca ao deus Lar Berobreo, protector da encumbrada cima situada en Donón.

Outro dos enclaves con inscricións é Sarria, en Lugo. Dos cinco lemas que se atoparon no municipio, existen tres nos que non se distingue a mensaxe. As dúas lendas restantes versan Laribus Vialibus Caesianus e Felicem parentem Iulio et filio.

Con todo, tamén as pequenas vilas galegas contan coa presenza destas notas. Muxía é unha delas, localizada na Costa da Morte (A Coruña). Das únicas tres inscricións que contempla, só se puideron adiviñar letras que non levan a ningún vocábulo concreto. A pesar da escaseza de resultados neste punto, faise evidente que a historia dos romanos quedou inscrita nos recunchos de toda Gallaecia para ser contada.


Podes acceder ao mapa interactivo Imperium Romanum na seguinte ligazón.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

1 comentario

  1. Muchas han sido las lecturas que se tienen realizado a la mayoría de los trozos de las aras allí encontradas (Donón-Cangas do Morrazo) y muy pocas las conservadas enteras. Se dieron varias lecturas debido al muy mal latín en ellas escrito, en realidad un latín muy acastrapado. Pero lo cierto es que el ara de mayor tamaño y más moderna en el tiempo (datada en el S IV d.C) ya presenta un mejor latín y en ella se puede leer muy bien “D BEROBRIEGOCOI” es decir al DIOS DE BEROBRIGA, concretamente al Dios Lar (que consta en algún ara) “protector” de la ciudad (-briga) de Berobriga.

    Algunos por no querer rectificar siguen con la muy mala lectura de “Al Dios BEROBREO” como si en realidad en el castro se rindiese culto a un Dios “de nombre”: BEROBREO. Berobreo es por lo tanto un falso Dios debido a una, en mi opinión, muy mala lectura de un responsable de la excavación que por los motivos que fuere no quiere o no le interesa rectificar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica