Brais e Antía encabezan os nomes galegos máis frecuentes

En Cataluña e no País Vasco, os nomes autóctonos son gran maioría mentres en Galicia ningún está entre os dez primeiros

Brais e Antía consolídanse como os nomes autóctonos galegos máis frecuentes en Galicia, aínda que afastados dos primeiros postos, ocupando os postos 12 e 11 entre os preferidos polos pais para inscribir aos seus fillos.

A situación contrasta con outras comunidades con lingua propia, como Cataluña e Euskadi. Na primeira, 16 dos 20 nomes máis elixidos son en catalán, con Marc encabezando a listaxe de nenos e Laia, a de nenas. No País Vasco, a preferenza polos nomes autóctonos é aínda máis acusada, con Ane e Markell en cabeza. No caso dos nenos, só 1 dos primeiros 20 nomes non é propio de Euskadi.

Publicidade

En Galicia, mandan Sara e Hugo. E só atopamos tres nomes de nena e catro de nenos galegos entre os vinte primeiros. A análise realizada polo INE cos datos do padrón destacan que na segunda década do século XXI hai que baixar ata o posto 12º das denominacións dos recentemente nacidos en Galicia para atopar entre os nenos un nome exclusivamente galego.

Hai 1.078 Brais nacidos nos seis primeiros anos da década, fronte a 2.524 Hugo, o nome de maior éxito, ou os 2.334 de Mateo e 2.329 de Martín, que lle seguen no ránking das vinte denominacións máis rexistradas, mentres que outros nomes galegos como Iago sitúase como o 13º, Antón (18º) e Xoel no 20º.

Publicidade

No caso das nenas a situación é similar. Non hai ningún nome autóctono galego entre os dez primeiros. A máis inscrita, Antía, baixa ata o posto décimo primeiro, con 1.014 casos; Uxía, no 13º con outros 977 rexistrados no que vai de década e Iria no 14º, con 893.

A situación de Galicia nada ten que ver coa do País Vasco, onde os nomes en eúscaro son absoluta maioría, nin tampouco con Cataluña, onde as denominacións autóctonas triunfan para designar aos nenos

Os nomes máis comúns por provincias en Galicia son Ángel, Sergio, e Juan José na Coruña. Miguel Ángel, Pedro e Rubén, en Lugo. José Ramón, Juan Carlos e Fernando, en Ourense, e Santiago, Iván e Sergio en Pontevedra.

Entre as mulleres arrasan María del Carmen, María e Carmen nas catro provincias.

1 comentario

  1. Iso sería certo se nomes como Ana, María, Beatriz, Noa, Pedro ou Manuel non fosen autóctonos galegos, pero sono, aínda que coincidan co castelán

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla