Este ‘ollo de mariñeiro’ é un organismo unicelular xigante

A Valonia ventricosa ten forma de bóla pero é un alga unicelular que resulta abraiante

Esta bóla é coñecida como ‘ollo de mariñeiro’ e podes atopala en todos os mares tropicais e subtropicais do mundo. A Valonia ventricosa en realidade é un tipo de alga cunha característica que semella incrible: son un dos organismos unicelulares máis grandes do mundo. De feito, toda a bóla é unha soa célula.

Agora, este non é o tamaño que xeralmente asociamos con organismos unicelulares, pero os ‘ollos de mariñeiro‘ teñen algúns trucos xeniais que os axudan a medrar tanto. Para comezar, non todos estes organismos son tan grandes como o da imaxe que encabeza este artigo. Poden variar en tamaño e ser tan pequenos como as bólas dun rodamento ata ter o tamaño dun globo ocular.

Publicidade

A Valonia ventricosa pode parecer prateada baixo do mar.

Valonia ventricosa normalmente medra individualmente, pero nalgúns casos pode facelo en grupo, aparecendo en zonas de marea no Caribe, Florida e ao sur ata Brasil. Tamén no Pacífico e no Índico. En conxunto, habitan virtualmente calquera océano do mundo,​ ás veces vivindo entre os corais. A maior profundidade observada é de aproximadamente 80 metros.

Este organismo unicelular ten formas que van dende a esfera a un ovoide, e a cor varía de verde herba a verde escuro, aínda que na auga pode parecer prateado. Isto determínase pola cantidade de cloroplastos que contén cada espécime.

Publicidade

Imaxe da Valonia ventricosa ao microscopio. ‘n’ significa núcleo.

A súa reprodución acontece nunha división celular segregativa, onde a célula nai multinuclear fai células fillas e os rizoides individuais crean novas burbullas, que se separan da célula nai.

Poderíamos pensar que un organismo unicelular non podería medrar tanto, porque sería demasiado grande e arruinaría a relación superficie-área-volume. Pero, aínda que os ollos de mariñeiro son unha célula, conteñen varios dominios citoplasmáticos, cada un co seu propio núcleo e cloroplastos.

Esta estrutura peculiar significa que se tentas rebentalo, non racharía como un globo cheo de orgánulos . De feito, esmagar un exemplar pode facer que xurdan máis, xa que os organismos só necesitan posuír un núcleo para converterse nun ollo de mariñeiro completamente novo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A tropicalización do mar muda o ecosistema: Galicia rexistra xa 50 especies exóticas dende 1945

O investigador Rafael Bañón apunta a que o quecemento favorece a chegada de peixes pouco habituais como o peixe porco ou a rémora azul

Praias galegas pechadas ao baño pola carabela portuguesa: por que hai cada vez máis?

Os movementos das correntes e os cambios na temperatura do mar son algunhas das causas do aumento da súa presenza na comunidade

A ONU acepta a ampliación do territorio mariño galego en 38.500 quilómetros cadrados

A expansión, que se ratificará previsiblemente en febreiro, implicará a localización e xestión de posibles refugallos nucleares na zona

Atopados máis de 3.000 barrís de residuos radioactivos preto da costa galega

A misión do equipo francés estará un día máis na Foxa Atlántica antes de rematar a primeira fase do proxecto