Santiago, cuarta en produtividade científica en España

A USC ocupa tamén o posto 203 na clasificación do Best Global Universities correspondente ao continente europeo

O Ránking 2019 que mide a produción e a produtividade das universidades públicas españolas en materia de investigación sitúa á USC no posto número catro en produtividade científica, só por detrás da Pompeu Fabra, Autónoma de Madrid e Autónoma de Barcelona. Esta clasificación foi elaborada por investigadores do Centro de Investigación Mente, Cerebro e Comportamento da Universidade de Granada.

O obxectivo deste estudo é actualizar a última clasificación dispoñible de investigación das universidades públicas españolas cos datos de 2013-2018. Neste senso, avaliouse a produción e produtividade de cada universidade, atendendo a sete indicadores  específicos e a unha puntuación global: artigos en revistas indexadas no  JCR (Journal  Citation  Reports), tramos de investigación, proxectos I+D, teses doutorais, axudas  FPU (formación de profesorado universitario), axudas FPI (formación de persoal investigador) e patentes. Asemade, para obter en cada universidade os datos de produtividade de cada indicador, dividíronse os datos brutos de produción de cada un dos sete criterios polo número de profesores doutores de cada institución.

Publicidade

Alén de ocupar o cuarto posto en materia de produtividade global, a USC é segunda en tramos de investigación a nivel estatal e cuarta, en axudas FPI. Ademais, a de Santiago ocupa a quinta posición en proxectos de I+D e bolsas FPU. A Universidade tamén é décima no indicador relativo aos artigos en revistas indexadas no JCR.

Produción

Publicidade

No relativo aos datos específicos de produción, isto é, sen ter en conta o número de profesores doutores de cada universidade, a USC ocupa o noveno posto da clasificación global. Na división por indicadores, a Universidade é a oitava de España en proxectos de I+D e en axudas FPI; novena en axudas FPU; décimo primeira en tramos de investigación; décimo terceira en artigos en revistas JCR e patentes; así como décimo sexta, en teses de doutoramento.

Best Global Universities

Ademais desta clasificación sobre as universidades públicas españolas, o ránking ‘Best Global Universities’ sitúa á USC entre as mellores dez universidades españolas e no posto 203 de entre as máis de catrocentas institucións europeas analizadas.

Para a elaboración desta listaxe valorouse a reputación da investigación a nivel global (12,5%) e a nivel rexional (12,5%), publicacións (10%), libros (2,5%), conferencias (2,5%), impacto de citas normalizado (10%), total de citas (7,5%), número de publicacións que se encontran entre o 10% máis citado (12.5%), porcentaxe do total de publicacións que se encontran entre o 10% máis citado (10%), proporción de traballos totais da institución que conteñen coautores internacionais divididos pola proporción de artigos con coautores internacionais para o país no que se atopa a universidade (5%), proporción de artigos totais da institución que conteñen coautores internacionais (5%), número de artigos altamente citados que se atopan entre o 1% máis citado no seu respectivo campo (5%), e a porcentaxe das publicacións totais que figuran entre o 1% máis destacados (5%).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O avance do piñeiro ameaza a caramiña, unha das xoias naturais das dunas galegas

Unha investigación constata que os piñeirais reduciron un 61,5% o ecosistema da Praia de Trece dende 1956 e dificultan a supervivencia da especie

Que aves hai preto de ti? Esta é a ‘app’ que converte Galicia nun mapa para os amantes da ornitoloxía

A ferramenta eBird permite consultar as especies observadas e os puntos de maior interese, crear listas personalizadas e contribuír con novos rexistros

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica