Un tren de borrascas deixará avisos en Galicia esta semana

Hai aviso laranxa para o mar neste luns e a entrada de aire polar traerá frío a partir do martes

O tempo borrascoso non permite unha tregua neste outono. Tras do paso de Amelie, o primeiro temporal que xerou máis dun cento de incidencias por toda Galicia, veñen outras frontes que formarán un tren de sucesivos vagóns que deixarán choiva, vento e avisos amarelos en terra e laranxas no mar ao longo desta semana.

Aviso laranxa no mar e amarelo en terra previstos para este luns por Meteogalicia.

Este luns chega unha nova borrasca. Espérase unha xornada de precipitacións que serán máis intensas durante a segunda metade do día, cando está previsto que cruce a comunidade unha fronte activa. O vento do suroeste soprará con forza na costa, onde a Axencia Estatal de Meteoroloxía activou un aviso laranxa por ondas de sete metros. O litoral máis afectado será o da Costa da Morte e da Mariña Lucense.

Publicidade

Ademais, haberá un baixa das temperaturas coa presenza de neve a partir dos 1.400 metros de altura.

Unha masa de aire frío baixa sobre Europa esta semana.

O martes chegarán ventos do noroeste que van favorecer a entrada de aire frío de orixe polar ata Galicia. A presenza dese aire xélido traducirase en saraiba, tormentas e un novo descenso das temperaturas máximas e mínimas.

Publicidade

O mércores o tren de borrascas continuará chegando a Galicia, desta volta dende o sur de Irlanda. Desde aí, a borrasca afectará a Galicia cunha fronte que entrará polo oeste para partir do mediodía. O xoves e venres espéranse precipitacións intermitentes e a fin de semana Galicia quedará baixo a influencia dun novo sistema de baixas presións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O avance do piñeiro ameaza a caramiña, unha das xoias naturais das dunas galegas

Unha investigación constata que os piñeirais reduciron un 61,5% o ecosistema da Praia de Trece dende 1956 e dificultan a supervivencia da especie

Que aves hai preto de ti? Esta é a ‘app’ que converte Galicia nun mapa para os amantes da ornitoloxía

A ferramenta eBird permite consultar as especies observadas e os puntos de maior interese, crear listas personalizadas e contribuír con novos rexistros

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica