O que non sabías do Xogo do Dinosauro de Google

O famoso Xogo do Dinosauro naceu no 2014. E o navegador Chrome celebrou o seu aniversario contando algúns dos segredos deste entretemento do que se xogan 270 millóns de partidas cada mes en todo o mundo. O ‘Dino Run’ aparece cando nos quedamos sen conexión a Internet. E aínda hai xente que ve o pequeno T-Rex pixelado e non se decata do que sucede cando premes a barra espaciadora: o dinosauro comeza a correr e a saltar cactos. Mesmo hai xente que desconecta a wifi do ordenador para poder xogar…

O ‘ Chrome Dino Run’ ten controis son básicos xa que só necesitamos saltar e agacharnos, isto co obxectivo de sobrevivir durante o maior tempo posible e impoñer un novo récord. Segundo Sebastien Gabriel, deseñador de Chrome, “Dino Run é unha alusión á “era prehistórica” antes de que estivésemos ante a omnipresencia do Wifi. Unha forma de viaxar ao pasado cando non tiñamos conexións inalámbricas”.

Publicidade

Dino Run lanzouse oficialmente en setembro de 2014 e a maior parte dos xogadores están en rexións do planeta onde adoita haber caídas nas conexións a internet ou ben, os datos móbiles son custosos e a maioría das persoas non conta con eles, como en países como India, Brasil, Indonesia e México. O interior de Galicia, coa súa deficiente conexión a Internet, é un eido tamén propicio para xogar co T-Rex.

Unha das súas curiosidades é que o xogo non é infinito, aínda que poucas persoas poderán chegar ao seu final. Porque está deseñado para que teña unha duración de 17 millóns de anos. É dicir, aproximadamente o tempo que estivo vivo o T- Rex na Terra.

Publicidade

O aniversario de Dino Run ten varias datas posibles. Porque oficialmente apareceu en setembro de 2014, pero ao comezo tiveron varios problemas para que funcionase nalgunhas plataformas. Pori iso tiveron que reescribir parte do código e isto quedou listo en decembro dese mesmo 2014.

Nas primeiras probas en Mountain View, os enxeñeiros de Google fixeron que o Dino tivese movemento nas mandíbulas. E ao principio foi bautizado como ‘Project Bolan‘, porque facía referencia a Marc Bolan, quen foi o último vocalista da banda de glam rock dos anos 70 ‘T-Rex’.

Pouco máis hai que contar dun xogo tan sinxelo e que tanta diversión proporciona. E no que abonda premer a barra espaciadora cando quedas sen Internet… Porque o sabías, non si?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A IA de Google aprende galego: “É vital falalo para que a tecnoloxía non sexa unha barreira”

Gemini 3 integra o idioma por primeira vez, nunha actualización que reforza a comprensión multimodal á altura de competidores como ChatGPT e Copilot

Entre mitoloxía celta e xornais locais: así se representa a Galicia nos videoxogos

Unha investigación do doutor Ramón Méndez González amosa como as producións 'The Waylanders' e 'TAPE' combinan elementos reais e fantásticos para recrear a tradición galega

Podcast | Do lecer á aula: como entender o conflito a través dos videoxogos

A investigadora do CITIC María Luz Castro Pena participa no novo episodio de O Descodificador debullando o proxecto europeo InterGames

Google ou ChatGPT: cal diagnostica mellor os teus síntomas? Un estudo galego ten a resposta

Unha investigación do CiTIUS determina que os modelos de IA teñen unha taxa de acerto de ata o 90% pero a súa fiabilidade dependerá do contexto