As universidades galegas desenvolven o entendemento coas máquinas a través da linguaxe 

O proxecto Nós, impulsado pola Xunta, aposta por situar o galego na tecnoloxía no mesmo nivel que as principais linguas europeas

As dificultades para entender o proceso a través do que a intelixencia artificial toma decisións e os atrancos para lograr que as máquinas entendan as persoas a través da linguaxe natural son o obxecto de investigacións de vangarda que se levan a cabo nas universidades galegas, con proxectos como Nós, que desenvolve o CITIUS da USC, ou SALSA, que se realiza dende a Universidade da Coruña.  

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) da USC lidera ou participa varias iniciativas de intelixencia artificial relacionadas coa linguaxe, entre a que destaca o proxecto Nós, impulsado pola Xunta de Galicia e que desenvolve xunto co Instituto Galego da Lingua (ILG).  

Publicidade

“Nós: o galego na sociedade e economía da intelixencia artificial” ten como obxectivo situar o idioma galego en pé de igualdade con outras linguas do mundo no ámbito da IA e as TIC. Os seus responsables destacan que se trata do proxecto en Tecnoloxía da Linguaxe para o galego máis relevante da historia. Conta cun orzamento de 15 millóns de euros e está coordinado polos investigadores do CITIUS Pablo Gamallo e Alberto Bugarín. 

Licenzas libres

O proxecto permitirá recompilar e desenvolver recursos e ferramentas para o procesamento automático do galego, tanto oral como escrito. Estes recursos distribuiranse baixo licenzas libres para facilitar o desenvolvemento de produtos e servizos por parte de empresas e outras organizacións públicas ou privadas.  

Publicidade

O CITIUS tamén lidera, a través do seu director, Senén Barro, o proxecto “Tecnoloxías da linguaxe natural interactivas para a intelixencia artificial explicable”. Trátase dunha iniciativa financiada a través do programa Horizont Europe (H2020) e que conta cun orzamento de máis de 2,8 millóns de euros. Os investigadores procuran solucións explicables e axeitadas para a compresión humana sobre os algoritmos da intelixencia artificial.  

O proxecto involucra os principais grupos de investigación europea neste ámbito, procedentes de seis países comunitarios. Conta tamén coa implicación de empresas como Indra ou Accenture.  

Procesamento natural da linguaxe

Pola súa banda, a Universidade da Coruña tamén desenvolve un proxecto do Consello Europeo de Investigación (ERC) para a “Análise rápida da linguaxe natural para Procesamento Natural da Linguaxe (PNL) a gran escala”. Cun financiamento de preto de 1,5 millóns de euros, os investigadores buscarán solucións para o problema que implican as limitacións actuais do hardware estándar e os altos custos computacionais dos algoritmos de Procesamento Natural da Linguaxe.  

Os investigadores da UDC desenvolverán analizadores rápidos que sexan axeitados para o procesamento de documentos a gran escala (web). Para facelo, mellorarán e optimizarán o rendemento dos analizadores actuais. A partir dese proxecto, a mesma universidade leva tamén a cabo unha proba de concepto sobre “Análise sintáctica eficiente para análise de sentimentos a gran escala” (SALSA), cun financiamento doutros 150.000 euros.  

O seu obxectivo é facer accesible a pequenas entidades sen poder computacional masivo a análise e a transformación de datos a gran escala (da internet ou redes sociais) para a creación de coñecemento ao servizo da toma de decisións. Esta proba creará o primeiro motor de análise de sentimentos guiado por sintaxes e baseado en IA preciso e rendible. 

Proxectos como os que están a desenvolver a USC e a UDC sitúan as universidades galegas nunha posición destacada no panorama das institucións educativas europeas no ámbito da investigación das aplicacións da intelixencia artificial na linguaxe.  

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Galicia activa un programa para mellorar a vixilancia da infección pulmonar causada pola lexionela

A Consellería de Sanidade, a USC e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica analizarán as cepas da bacteria para facilitar a detección de posibles gromos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

A investigadora da UDC Itziar Sobrino acada unha Starting Grant para investigar en dereito ambiental

A galardoada estudará as causas polas que determinadas obrigas se aplican de maneira efectiva mentres que outras se debilitan ou se aplican parcialmente