Un proxecto vigués de robótica gaña o Think Big de Telefónica

HandyHand, un dos máis de vinte proxectos que participaron o pasado fin de semana en nas xornadas HackForGood, organizada na Universidade de Vigo, recibiu o Premio Think Big de Fundación Telefónica.

O proxecto céntrase no desenvolvemento dunha prótese 3D robótica para membros amputados mediante sinais EMG. O Premio Think Big consiste nun fin de semana formativo en emprendemento social, e o acceso garantido ao Nivel 2 do programa Think Big de Fundación Telefónica.

Publicidade

Os premiados creadores do proxecto HandyHand.
Os premiados creadores do proxecto HandyHand.

Este é un dos máis de cen proxectos que foron desenvolvidos durante esta edición de HackForGood, o encontro para novos desarrolladores con fins sociais no que Telefónica colabora a través da súa rede de cátedras universitarias e no que participaron máis de 1.000 hackers sociais.

Desde o 25 ao 27 de febreiro celebráronse simultaneamente hackathones en Madrid, Barcelona, Valencia, Alacante, Murcia, Cidade Real, Sevilla, Málaga, As Palmas, Cáceres, Salamanca, Valladolid, León e Vigo para desenvolver aplicacións tecnolóxicas que resolven 300 retos sociais propostos en torno ao desenvolvemento de aplicacións e servizos que contribúan a crear un mundo mellor a partir do uso masivo de datos (Big Data).

Publicidade

Os premiados poderán incoporarse á iniciativa de Telefónica Open Future

Na categoría de HackForGood Global, o proxecto que recibiu o primeiro premio, dotado con 8.000 euros, foi para o proxecto MyEyes -desenvolvido na sede de Valladolid-, e que ofrece ás persoas con discapacidade visual unhas lentes de baixo custo (só 50 euros) que grazas a técnicas de visión artificial e á cámara que incorpora, axudan a identificar persoas, produtos e marcas ou a ler textos atendendo ás indicacións de voz que recibe.

Todos os equipos gañadores serán convidados a formar parte do ecosistema de emprendemento de Telefónica, denominado Open Future, e así dar continuidade ao seu proxecto e beneficiarse dos programas de formación e mentorización da compañía, ademais de conseguir financiamento adicional para os desenvolvementos, aumentar o seu networking, etc.

HackForGood é un evento promovido por Telefónica e organizado xunto á ETSI de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid, a Fundación HazloPosible e a startup MashmeTV co apoio da Rede de Cátedras Telefónica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cidades nas que vivir

Un estudo analiza os patróns de xentrificación en Vigo, Santiago e A Coruña

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro