Do laboratorio ao mercado: leite, acuicultura e alimentos para mascotas

Dedicado a detectar resultados de investigación que poidan ser transferidos á sociedade, o Acelerador de Transferencia da USC acaba de seleccionar tres novos proxectos no ámbito da acuicultura, o sector leiteiro e a alimentación para mascotas. Concretamente, apoiará o desenvolvemento de dous novos kits de diagnose de mamite bovina do grupo de investigación do profesor Gonzalo Fernández do Departamento de Patoloxía Animal; un proxecto do mesmo departamento presentado polo profesor Adolfo Paz para testar un novo complemento para a alimentación de mascotas que contribúa a atallar a proliferación de parasitos ao tempo que retrasa a aparición de trastornos do envellecemento; e un terceiro proxecto que ensaiará distintas formulacións dunha nova vacina recombinante para linguado máis segura e de administración máis sinxela, e que presentou o profesor Manuel Lemos  do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía.

Ademais do grao de madurez, o comité avaliador encargado de valorar os proxectos presentados a esta terceira edición do Acelerador de Transferencia, tiveron en conta outros criterios como o nivel de desenvolvemento, a probabilidade de que se complete o proceso de transferencia e a potencialidade do mercado. Ademais, prestouse atención ao grao de novidade e á posibilidade de protexer os resultados obtidos mediante patentes ou outras figuras que atraian o interese de socios industriais.

Publicidade

Un proxecto é un complemento para mascotas que atalle a infestación de parasitos

Neste edición, o comité avaliador estaba conformado polo directivo de OWL Metabolomics, o doutor Pablo Ortiz Betés, cunha longa traxectoria no ámbito do desenvolvemento de negocio no sector da saúde; a presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida (Bioga) e directiva de Galchimia, Carmen Pampín Casal; Manuel Cacheda Enríquez, do departamento de Responsabilidade Social Corporativa de Abanca; o representante da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carlos A. Vaamonde Rivero; e o director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), José L. Villaverde Acuña.

O Acelerador de Transferencia é unha iniciativa promovida e coordinada pola AVTE que está aberta aos grupos de investigación de todas ás áreas de coñecemento para detectar resultados de investigación que poidan ser transferidos en forma de produtos ou servizos á sociedade. É un programa dirixido a avanzar no proceso de maduración de resultados de investigación, facilitando o seu traslado ao mercado co conseguinte impacto social e económico, que se basea na experiencia de referentes internacionais como o programa University Challenge Seed Fund da Universidade de Oxford.

Publicidade

Manuel Lemos desenvolve unha vacina para linguados máis segura

A novidade do Acelerador fronte outros programas similares é que leva a cabo as accións necesarias para cubrir a fenda existente entre os resultados dun proxecto de investigación no laboratorio e o seu interese para unha empresa ou calquera outro axente externo co obxectivo de aumentar as súas posibilidades de transferencia.

Aqueles proxectos que aspiran a obter o respaldo do Acelerador deben identificar claramente as actuacións necesarias a desenvolver para converter o resultado de investigación nun investimento interesante para un socio industrial. Debe existir un destinatario final ou un axente que se responsabilice do desenvolvemento futuro para garantir que se completa o proceso de transferencia. Con estes tres proxectos aprobados na terceira convocatoria, son 16 as tecnoloxías apoiadas polo Acelerador de Transferencia da USC ata o momento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aire acondicionado fronte ao cambio climático: indispensable ou incompatible?

A OMS presenta unha nova guía de plan de acción sobre saúde e calor na que recoñece os seus efectos negativos á vez que insiste na necesidade de acceso

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

A Xunta activa a alerta vermella por calor extrema no interior de Pontevedra

As temperaturas superarán os 35 graos en 16 concellos pontevedreses durante a xornada pola chegada dunha masa de aire africano

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense