Estudantes de toda Galicia descubrirán en Santiago o bosón de Higgs

As International Masterclasses permitirá a máis de 60 estudantes de toda Galicia cambiar este venres 4 as súas aulas de secundaria polos laboratorios e instalacións da Facultade de Física da USC para traballar, na medida do posible, como verdadeiros científicos no ámbito da Física de Partículas e con datos derivados dos experimentos do acelerador de partículas do CERN.

A Facultade de Física súmase un ano máis a esta experiencia de divulgación que xa alcanza a súa décimo primeira convocatoria. A xornada comezará ás 10.00 horas na Aula Magna do centro compostelán. En Galicia organízaa o Departamento de Física de Partículas da USC e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías ofrecendo ao alumnado de ensino secundario a posibilidade de explorar investigación e física de vangarda traballando con datos recentes e auténticos dos experimentos do LHC.

Publicidade

Catro experimentos do acelerador (Atlas, CMS, Alice e LHCb) prepararon unha versión educacional dos seus datos experimentais para ser usados nestas sesións. Grazas a este material, o alumnado examina os produtos de colisións entre partículas elementais que viaxan a través do acelerador de 27 quilómetros a velocidades próximas á da luz. Ademais de redescubrir o bosón de Higgs como xa fixeran os investigadores no verán de 2012, ou os bosóns Z e W, ao final do día, os participantes poderán experimentar o ambiente de colaboración internacional da Física de Partículas nunha videoconferencia que reúne a alumnos doutros 45 países con investigadores no CERN e no se porán en común os distintos resultados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia consolídase na elite da física mundial: “Queremos facer un descubrimento relevante”

O IGFAE participará na análise de datos de colisións e na mellora do 'software' do experimento do CERN para optimizar a detección de fenómenos pouco coñecidos

O IGFAE incorpórase ao experimento do CERN que observou o bosón de Higgs

O profesor Xabier Cid será o responsable da participación do Instituto nesta colaboración internacional que reúne máis de 6.000 persoas de case 60 países

Un equipo galego usa intelixencia artificial para afinar o grande experimento do CERN

Un novo algoritmo desenvolto na Universidade da Coruña analiza todas as partículas xeradas nas colisións para mellorar o estudo da materia fronte á antimateria

Antía Lamas, física: “A investigación cuántica en Galicia é moi prometedora”

A científica compostelá, que traballa en Estados Unidos, dará unha charla en Santiago sobre a segunda revolución cuántica ao abeiro da Semana da Ciencia do IGFAE