Lanzan un vocabulario galego con 125 termos sobre vacinas

O Servizo de Normalización Lingüística da USC presenta esta listaxe en liña con rexistros do ámbito dos antíxenos e da inmunización

‘Termos esenciais de vacinas’ é unha listaxe de denominacións integrada por 125 rexistros de bUSCatermos que describen conceptos relacionados co ámbito dos antíxenos, as súas tipoloxías e as campañas de inmunización. O Servizo de Normalización Lingüística da USC acaba de publicar en liña este vocabulario logo de impulsar a fins de 2020 outra lista de rexistros nutrida con case 200termos relacionados coa pandemia da COVID-19 nas súas vertentes sanitaria e epidemiolóxica.

Para cada un dos rexistros relacionados co eido dos antíxenos preséntase, como mínimo, a área ou áreas temáticas a que pertence, e os nomes polos que é coñecido en galego, español e inglés; e na maior parte dos casos, tamén a súa definición en galego. Para buscar unha palabra ou expresión concreta dentro da lista de denominacións, pode empregarse o buscador integrado no navegador premendo Control+F; mentres que para

Publicidade

buscar unha palabra ou expresión noutro idioma, debe facerse a través da interface de bUSCatermos. Este vídeo explicativo serve de apoio á hora de buscar e interpretar a información que esta base de datos ofrece.

A selección dos conceptos básicos, así como a identificación dos equivalentes noutras linguas realizouse a partir das Follas de información de vacinas do Servizo Galego de Saúde, xunto cos recursos Terminologia de les vacunes (Termcat), Vaccination glossary (European Commission) e Vaccine & Immunization (Centers for Disease Control and Prevention).

Publicidade

bUSCatermos

bUSCatermos está formada a partir da compilación, análise e reelaboración de tres grandes tipos de materiais, que teñen o galego como idioma de referencia ou de traballo. Trátase dos vocabularios e léxicos elaborados polo SNL; un conxunto de dicionarios e vocabularios elaborados por outras persoas e colectivos, que se incorporaron coa súa autorización explícita; e os rexistros elaborados no SNL para responder a consultas externas, ou a dúbidas xurdidas na revisión de textos.

“Esta base de datos non pode entenderse como un proxecto completo nin rematado. O seu estado natural é a actualización practicamente continua, tanto para engadir novos dicionarios, vocabularios ou consultas como para reorganizar, completar e reelaborar materiais xa existentes”, explican dende o SNL.

A base de datos terminolóxica da USC bUSCatermos recibiu ao longo de 2020 a visita de 9.375 usuarios que chegaron a ver un total de 168.017 páxinas, o que supón un incremento do 24,74%  con respecto a 2019, ano no que foron vistas un total de 134.692 páxinas. bUSCatermos permite consultar a información recollida en máis de 165.000 rexistros, que se centran na terminoloxía galega, pero recollen tamén información doutras moitas linguas como é o caso do español, portugués, inglés ou francés, entre outras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos