PuntoGal celebra o Día de Galicia lanzando o DNI galego

Ter o DNI galego será posible a partir do 25 de xullo, polo menos a través da rede. Con motivo da celebración do Día Nacional de Galicia, a asociación PuntoGal, que promove a utilización do dominio propio do país, pon en marcha a campaña “Celebremos a nosa identidade”. Entre outras iniciativas, a asociación poñerá a disposición de todos os internautas o Documento Galego de Identidade, que se poderá descargar a partir do vindeiro luns na web da entidade (www.dominio.gal).”Con esta acción lúdica, a asociación quere resaltar e visibilizar o orgullo de ser galego e de dispor dun dominio propio en internet como o .gal”, sinala a asociación na súa páxina web.

A asociación ofrece descontos nos novos dominios e anova a súa web

Ademais desta iniciativa, PuntoGal aproveitará o 25 de xullo para poñer en marcha una oferta para as webs que queiran rexistrar o dominio galego, por un prezo inferior a 20 euros (máis IVE). Nestas datas, a entidade tamén estrea nova apariencia na súa web, un “espazo dedicado á información sobre o prezo dos dominos, as campañas e ós rexistradores autorizados”, sinalan desde a asociación. Engaden que neste portal pode atoparse información “referente á normativa do dominio e as políticas de rexistro, unha táboa dinámica comparadora de prezos e servizos que ofrecen as preto de 40 empresas rexistradoras que traballan con .gal”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla